Foz, 7 de xaneiro de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valorou este xoves como moi satisfactoria a campaña de Nadal que vén de rematar. O rexedor destacou as novidades desta edición, como algúns novos equipamentos para as cabalgatas de Reis e Papá Noel e o incremento no investimento para o alumeado nas rúas. Tamén anunciou que o Concello xa traballa na preparación das actividades da Festa do Chícaro, ou berberecho, e do Entroido.
“Hoxe é un día de valoración do que foi a campaña de Nadal en Foz e dende o Concello e o goberno municipal consideramos que foi moi positiva. O Concello apostou por novidades que afectan directamente ao divertimento e ao ocio dos nosos veciños, para que o pobo estivera cheo de xente. Satisfainos moito que fose unha boa campaña tamén para os comerciantes, pois este ano houbo apostas moi boas e interesantes; por exemplo no alumeado de Nadal duplicouse o investimento e houbo tamén novidades de equipamentos para Papá Noel, unha carroza nova, e tamén para os Reis Magos, con eses novos tronos que causaron sensación na pasada cabalgata de Reis. A verdade é que estamos moi contentos e creo que os resultados van ser positivos para todos. Dende o goberno queremos facer esa moi boa valoración desta campaña”, manifestou Javier Castiñeira.
Ademais o alcalde focense anunciou que “agora estamos traballando nas novas campañas que temos por diante: a Festa do Chícaro, xa en cuestión de días, e tamén o Entroido, de Foz, que tamén é un momento importante. Non se para, a valoración é positiva, pero seguimos mirando para o futuro e para un mes de xaneiro cargado de eventos”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



