Burela, 23 de xaneiro de 2016.- O Burela Pescados Rubén pechou a primeira volta da Primeira División cunha vitoria sufrida por 3-2 ante un Rioxa FSF que a piques estivo de dar a sorpresa en Vista Alegre. O conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” remontou un 1-2 a escasos minutos do final con dous goles logrados con xogo de cinco.
O encontro en Vista Alegre comezou coas consignas ben marcadas, as rioxanas defendendo en media pista e buscando o contragolpe e co Burela Pescados Rubén levando a iniciativa. O ritmo do partido era lento e a circulación laranxa non era a precisa para abrir o candado plantexado polas rioxana. A mellor ocasión local chegou traspasado o ecuador nun disparo afastado de Peque. Pouco despois o Rioxa executou un contragolpe perfecto para adiantarse (0-1) por mediación de Carmen. O choque animouse e tras unha boa ocasión de Bea Mateos, Dany marcou o empate (1-1). A brasileira aproveitou un pase de Peque para definir con claridade e celebrar o seu debut con gol, o seu aceno de identidade. Sen tempo para o respiro chegou a sorprendente reacción visitante que se adiantou de novo no marcador (1-2) cun gol de Patri a pase de Lucía. Con este resultado chegouse ao descanso.
Na reanudación acentuouse o dominio laranxa e o Rioxa baixou a súa defensa a 12 metros para protexer o seu marcador favorable. O Burela non atopaba o seu ton habitual e era demasiado lento e impreciso na circulación, sendo previsible para a defensa rioxana. Dúas accións illadas de Gaby e Peque acabaron na madeira visitante e no tramo final o Burela Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco que resultou determinante para lograr a remontada e os tres puntos. Primeiro Ceci logrou o empate e acto seguido Claudia certificou a remontada co 3-2 a pesar do último intento das avezadas xogadoras visitantes que deixaron unha gran imaxe en Vista Alegre.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Peque, Gaby, Ceci, Bea Mateos -cinco inicial- Claudia, Dany, Lara.
Rioja FSF: Marta, Lucía, Rosita, Carmen, Gloria -cinco inicial- María Carro, Patri, Martita.
Goles: 0-1, m.14, Carmen; 1-1, m.17, Dany; 1-2, m.17, Patri; 2-2, m.36, Ceci; 3-2, m.36, Claudia.
Árbitros: Goyos López, Amor Vizoso. Colexio galego. Cartón amarelo a Bea Mateos e Gaby do Burela Pescados Rubén. No Rioxa FSF cartón amarelo a Gloria.
Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 500 espectadores. As xogadoras burelesas saltaron á pista cunha camiseta de ánimo para a súa compañeira Emma, lesionada de gravidade.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
