Burela, 4 de xaneiro de 2016. A Concellería de Cultura de Burela e Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) organizan este venres, 8 de xaneiro, o concerto do grupo rock indie Toma 612, que ten entre os seus membros a veciños de Burela. A actuación está prevista para ás 21 horas na Casa da Cultura da vila.
Toma 612 é grupo rock indie formado por catro músicos que proveñen de distintas vertentes. Dimas e Mario beben do jazz, Ramón do metal alternativo e do indie e Jhonny, pola súa banda, do rock arxentino e da capital. O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, asegura que con esta cita musical “la Concellería de Cultura apuesta por la música hecha desde Burela. Algunos de los componentes de Toma 612 son de Burela, de ahí que nos decidiésemos a contar con este concierto dentro de la programación cultural del primer trimestre de este 2016. Ellos van a presentar su disco en su tierra y esperan contar con su gente”.
O grupo ten a súa orixe no dúo Vis à vis, conformado por Jhonny como voz e Ramón á guitarra. Tras preto de tres anos desa formación artística decidiron avanzar co seu primeiro LP, gravado en Xonix Records. Despois do traballo de estudo construíron Toma 612, cuxo nome será tamén o titulo do seu primeiro traballo. Trátase dun disco moi persoal con letras compostas polo guitarrista Ramón e acompañadas pola voz de Jhonny. Nesta nova etapa de cuarteto presentan novos temas propios e tributos a artistas como Leiva. O seu estilo rock indie, con algún corte pop e homenaxes ao rock madrileño, chegará o próximo venres, día 8, ao Auditorio da Casa da Cultura de Burela, antes de continuar neste mesmo mes a súa xira, que os levará á Fábrica de Chocolate de Vigo e á Sala O Muíño de Cervo.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



