Burela, 26 de xaneiro de 2016.- Este martes, alumnos de 3º de Primaria do CEIP Vista Alegre e do CEIP Virxe do Carme, de Burela, participaron nun taller organizado polas monitoras da Aula de Educación Medioambiental Gaia do Concello burelés. Aproveitando que este martes se celebra o Día Mundial da Educación Ambiental leváronse adiante obradoiros para ensinar aos rapaces a separar o lixo correctamente, “facéndose tamén fincapé na necesidade de reducir e reutilizar. As 3R tan coñecidas: Reducir, Reutilizar e Reciclar son imprescindibles se queremos ser sostibles no noso día a día”, explican desde Gaia.























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



