Membros da ANPA do colexio Santa María do Valadouro, en colaboración co CEIP, disfrazaronse e celebraron a festa do Entroido cos nenos no colexio. Os maiores tamén desfilaron e fixeron un baile para os nenos, pais e nais que asistiron ao evento co fin de pasar unha boa mañá. O acto pechouse coa queima do Entroido.
