Foz, 14 de marzo de 2016.- Este pasado fin de semana celebrouse en augas do Guadalquivir ao seu paso por Sevilla, o XLVII Campionato de España de Inverno de piragüismo. unha competición multitudinaria, superando os 1300 piragüistas e máis dun centenar de clubs de toda España que se deron cita nesta importante proba do piragüismo nacional e que marca o inicio das ligas Nacionais.
Tal e como estaba previsto, a expedición do Kaiak chegou a Sevilla o venres ao mediodía e, tras un pequeno descanso, pola tarde os padeeiros e o seu adestrador desprazáronse ata o C.E.A.R. da Cartuxa para familiarizarse co campo de regatas, dureza da auga, pantaláns de embarque e desembarque, zona de control de pesada, árbitros, etc. Todo o que se faga e estúdese é pouco… isto é un Campionato de España, están presentes os mellores padeeiros e un mínimo descoido nunha ciaboga, unha mala saída ou perder unha onda faiche perder moitos postos que logo son imposibles de recuperar.
O sábado pola mañá comezaron as regatas clasificatorias para elixir os padeeiros que pasarían ás distintas finais. O primeiro en saír á auga, ás 09:30 horas, foi Noel García Edrosa na regata Cadete A K1 sobre a distancia de 2000 metros e na que se clasificaban os 40 mellores tempos. Noel, cun crono de 09:36.100 quedou no posto 57, fóra da final por 16 segundos. Un gran esforzo de Noel pelexando cos mellores e, aínda sabendo que tiña moi complicado pasar o corte, non deixou de tentalo en ningún momento.
Ás 09:50 horas era a quenda dos Cadetes B. Era a quenda de Xoel García Neira. Aquí só se clasificarían os 30 mellores tempos. Tras unha curta espera, o padeeiro do Kaiak cruzaba a meta en primeiro lugar marcando un crono de 08:51.120. O primeiro traballo estaba feito e cun dobre obxectivo conseguido: Por unha banda meterse na final de 5000 e con posibilidades de estar no “top five” do Campionato de España; e por outro, e non menos importante, este primeiro posto no 2000 sitúa a Xoel como primeiro no ránking nacional de pista, converténdose así na primeiro cabeza de serie na Copa de España “JJ.PP.” Cadete 1000 metros que se vai a disputar tamén en Sevilla o próximo sete de maio.
O seguinte padeeiro do Kaiak de Foz en saír, ás 10:10 horas, foi o Junior Andrés de Oliveira. Sen opción algunha para ser un dos 70 padeeiros da final, limitouse a facer a mellor regata que puido acabando fóra de control cun crono de 11:21.190.
Aproximábase a quenda de Ramón Lanzós. A saída deuse puntualmente ás 12:30 horas e tras 21 intensos minutos, un apertado sprint definiu os tres postos de podio da categoría Home Veterano 35-39 anos K1. O primeiro en cruzar a liña de meta foi Albert Corominas do Náutico Banyoles parando o crono en 21:09.980, seguido a tan só 3 décimas de Jesús Rodriguez León do Fluvial O Barco. Terceiro foi o padeeiro do CP Vilaboa, Javier Conde, a 4.630 segundos do vencedor. Ramón Lanzós, o representante do Kaiak cruzou a liña de meta nunha honrosa 32ª praza parando o crono en 23:58.260, a 2:48.280 do vencedor.
Coa regata de Ramón Lanzós, finalizaba a xornada matinal para o Club Kaiak de Foz. As previsións estaban a cumprirse coa praza na final conseguida por Xoel García Neira.
As finais de 5.000 metros non defraudaron e brindaron un bonito espectáculo. Tras un breve descanso, a seguinte cita era ás 17:50 horas co Final Home Cadete B K1. Na liña de saída nomes coñecidos acompañaban a Xoel García: Gabriel Pachón e Ángel González do Ribeiras do Tambre-Ternera Gallega, Joaquín Iglesias do CP Verducico-Pontillón ou Diego Rey de As Torres Romería Vikinga, entre outros…
Tras unha saída espectacular, aos 500 metros de regata sobreveu o desastre. O mecanismo do temón do barco de Xoel rompeu obrigándoo a abandonar. Todas as posibilidades de Xoel García neste Campionato de España fóronse ao garete debido a unha rotura que, en condicións normais, non adoita suceder. Toda a expedición do Kaiak quedou moi tocada; non foi un fallo humano o que apartou a Xoel do podio -algo que sucede en máis do 70% dos fracasos-, foi un fallo do material, unha rotura que nin o propio fabricante -presente no campionato- se podía explicar.
A regata seguiu o seu curso e o título de Campión de España de Inverno na categoría Cadete B K1 foi para Nel Sánchez do Real Grupo Cultural Covadonga cun crono de 21:39.980; segundo foi o padeeiro do RCN Palma Joan Gual a 32 segundos e o terceiro posto foi para Gabriel Pachón de Club Ribeiras do Tambre-Ternera Gallega a 37 segundos do gañador.
Do mesmo xeito que a auga dos ríos segue o seu curso, as regatas seguen o seu devir. Nesta ocasión non puido ser, pero de certo que isto non quedará así; por diante esperan moitas competicións, desde as provinciais pasando polas autonómicas ata as nacionais como a Copa de España 1000 metros, o Campionato de España de Pista, o Campionato Galego de pista, etc…, regatas onde o Club Kaiak poderá demostrar todo o seu potencial reflectido na figura da súa nova promesa cadete Xoel García Neira.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
