Foz, 14 de marzo de 2016.- O grupo municipal socialista de Foz votou si o PXOM de Foz, votou si ao inicio dunha nova forma de ver o urbanismo, votou SÍ a un Foz ordenado, votou SÍ porque consideramos que é o mellor para o noso concello, Foz.
O grupo municipal socialista aposta polos veciños de Foz, aínda que votando si, como nos din algúns, “non sacaremos nada politicamente” . Porque nosoutros pensamos nos veciños, por iso presentamos unha moción para a rebaixa do pago do “catastro” adaptado á realidade actual, e que este equipo de goberno logrou, cunha alegación, non fose posible. Por iso votamos si a un PXOM presentado polo Partido Popular, que non do Partido Popular, porque o importante é traballar por e para os veciños.
Esta é unha historia longa, demasiado longa… Foz precursor de distintos plans de ordenación urbana, dende o ano 1975, chegou o ano 2016 sen ter aprobado unha ordenación do seu urbanismo. Quizás por iso teremos unha gasolineira no centro da vila?
Este plan do PSOE, aprobado inicialmente no ano 2007, por un Goberno Socialista presidido polo Alcalde Socialista o Sr. Alcalde José María García Rivera, fixo que naquel momento houbese un movemento veciñal que non quería “tirar” o PXOM, senón modificalo e axeitalo á realidade do noso pobo. Por iso dende as distintas asociacións veciñais, cos seus representantes o fronte, se formaron 15 “grupos de traballo”: 1 de propostas xerais, 8 de cada unha das parroquias e 6 do casco urbano: Vilaxoane, Casco, Casco histórico, Isla Nova, Asilo-trasastorres e Marzán, cuxo función foi elaborar propostas de planeamento. Foi un traballo duro, e xuntos intentamos, partindo dunha realidade urbana xa existente, na medida do posible, defender os intereses de todos os nosos veciños.
En Foz se aprobou o xoves 10 de marzo un PXOM, pese ó noso equipo de goberno que nin o coñece nin lle interesa coñecelo solo aprobalo, pese a un alcalde que retoma un plan sen contar co resto de grupos políticos , pese a premura final a que nos abocou de novo o Partido Popular por non vernos afectados pola nova LOUG. Se aprobou grazas a un PSOE que pensa, cre, e traballa por Foz sen buscar “votos” nin “postos”. Porque sabemos que estamos aquí para loitar polo ben xeral.
Polas propostas planeadas polos grupos de traballo, polas alegacións das Asociacións, polas modificacións plantexadas polo Grupo Municipal Socialista que traballou a reo, en todas e cada unha das alegacións e das distintas modificacións tanto técnicas como urbanísticas, o PXOM é un si.
Sen embargo aquí non acabou o traballo, queda loitar para que a Xunta de Galicia que é a que o aprobará definitivamente, admita as modificacións plantexadas, algunhas delas de xustiza como é o caso da Rua do Vicedo afectada polo POL. Ese é un traballo de técnicos e políticos, e o PSOE estará pendente de que así sexa.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



