Foz, 31 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Fai un certo tempo, os Concelleiros de “foz,Plataforma de Futuro” reunímonos coa Asociación de veciños e consumidores de Vilaronte, transmitíndonos estes a necesidade de buscar unha solución a un cruce existente nesta parroquia, concretamente o cruce que sirve de enlace entre a saída do barrio das Areosas e a N-642 á altura da Casa de Tol. Cruce no que se produciron xa moitos accidentes pola súa pouca visibilidade sobre todo á hora de acceder dirección Foz, para facer esta manobra hai que recordar que hai que cruzar dous carriles para acceder ó carril de dirección a Foz.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Ministerio de Fomento a executar as accións pertinentes para dar solución ós problemas de visibilidade e seguridade existentes no cruce que sirve de enlace entre a parroquia de Vilaronte (barrio das Areosas) e a N-642 , enfronte da casa de Tol.