Viveiro, 31 de marzo de 2016.- Na orde do día da Comisión Informativa de Facenda, convocada para este venres 1 de abril de 2016, inclúense a modificación de ordenanzas fiscais e a imposición e ordenación da taxa por aproveitamento especial da vía pública con caixeiros automáticos.
Coa modificación das ordenanzas fiscais, reducindo a carga impositiva, preténdese dinamizar a actividade comercial e industrial do concello e, polo tanto, facilitar a recuperación económica e fomentar a creación de emprego.
Esta modificación afectará á Ordenanza fiscal número 2, reguladora do imposto sobre construción, instalación e obras, reducindo o tipo do 2,13 % ao 1,5%, e á Ordenanza fiscal número 6, reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento, reducindo un 10% na tarifa tipo I das licenzas de apertura para todo tipo de novos establecementos comerciais no Concello de Viveiro, co fin de incentivar a apertura de novos establecementos, sexa cal fora a súa actividade.
Coa adopción destas medidas, segundo o acordado co grupo municipal do BNG, o Concello de Viveiro pretende, unha vez máis, impulsar accións concretas en beneficio dos veciños e veciñas encamiñadas á dinamización do mercado laboral.
No caso da ordenanza da taxa por aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos adosados aos edificios e con acceso directo dende a vía pública, cómpre sinalar que a súa elaboración e aprobación deriva do acordo plenario adoptado na sesión do 7 de outubro de 2015, a partir dunha moción de Son Viveiro, que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



