Cervo, 22 de marzo de 2016.- O Concello de Cervo paga aos provedores nun prazo medio de 19 días dende a data de presentación da factura e reduciu a débeda bancaria en 2,6 millóns de euros dende o ano 2009 ao 2015.
Estes datos foron dados a coñecer este martes pola concelleira de Facenda, Dolores García Caramés, que explicou que “a semana pasada xa faciamos referencia a que as cifras referidas á situación económica do Concello eran positivas e maiores que en anos anteriores. Pero tamén queremos destacar outros datos como son os do capital vivo, que é a débeda bancaria, que no ano 2009 a cantidade era de 4.340.599,99 euros e no 2015, de 1.736.208,83 euros; é dicir 2.604.391,16 euros menos. Tamén hai que destacar en referencia ao pago a provedores que o Concello realiza o pago en 19 días despois de presentar a factura, o que supón 41 días antes do establecido. Son datos moi positivos, dos cales creemos que os nosos veciños deben ser coñecedores”.
A edil de Facenda tamén anunciou que o alcalde, Alfonso Villares, convocou unha reunión da Comisión Especial de Contas para o vindeiro luns, 28 de marzo, ás 9:30 horas, “na que se dará conta da liquidación do exercicio de 2015 e do período medio de pagamento a provedores, entre outros asuntos”.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



