Lourenzá, 22 de marzo de 2016.- A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, lamenta que o Goberno socialista da localidade se limite a desprezar a labor de oposición en vez de Gobernar. “Levamos dez meses de parálise absoluta, no que nin cumpren coas promesas electorais, nin cos acordos plenarios” ademais de ter unha actitude de “humillación” cara os que “estamos a trasladar as demandas dos veciños e cumprimos coa función que nos foi encomendada”.
A actitude que ten cara aos grupos da oposición suscita queixas “non só entre os populares” senón tamén no Grupo Municipal do BNG que mesmo na última sesión plenaria se abstivo en todos os puntos en sinal de protesta. Emma Álvarez Chao pídelles que Gobernen, xa que recortar a partida para emprego nos orzamentos de 2016 e xogar cos postos de traballo “non é o que lles piden os veciños”.
Ademais, “recorren ás mentiras para cubrir a realidade”, di a voceira dos populares, en referencia a que “se nos abstivemos na comisión informativa e votamos en contra aos orzamentos no pleno é porque non dispoñíamos nun primeiro momento da información suficiente” pero o que “está claro, é que non poderíamos ser cómplices dunhas contas que mostran a falta de proxecto dos socialistas”.
“Estase a dar unha situación que dende que son edil non vivimos no Concello de Lourenzá”, onde sempre, -engade a popular- se tratou con respecto á oposición e mesmo “demos máis explicacións e información que a que nos obrigaba a lei”. “Acaso como a alcaldesa nunca fixo oposición, considera que esta función está demais”, analiza Álvarez Chao, quen lamenta que non lle sexan contestadas as preguntas. “Trasladarémolas por escrito tal e como requiren agora, xa que cambiaron as regras de xogo na última sesión plenaria, non o fixeran antes. O noso proceder foi sempre o mesmo”, asegura.
Polo tanto, “a realidade é que a prepotencia cara os representantes públicos é un insulto aos veciños, insúltanos ao non atender aos rogos que lles trasladamos nos plenos, ao negarse a responder ás preguntas plenarias que facemos, ao deixar en saco roto o que prometeron, ao mofarse de representantes públicos…”, considera Álvarez Chao.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



