Burela, 22 de marzo de 2016.- Tan só queda 1 día para que o CD Burela FS Pescados Rubén salte á pista para pelexar polo recoñecemento de todos os galegos na final da Copa Xunta fronte ao Santiago Futsal (20.30 horas, Fontes do Sar). O deste mércores será o primeiro dos dous desprazamentos dos mariñáns esta semana á capital galega para medirse aos composteláns; o outro será en liga, o sábado, na 25ª xornada de Primeira LNFS (18.00, TVG2 en directo).
“Despois de perder o torneo máis bonito e importante da temporada, en Guadalaxara, non hai mellor oportunidade para volver que a Copa Galicia” aseguraba Jorge Bellvert, que regresará á convocatoria laranxa despois de dúas semanas por unha contractura na coxa: “No adestramento de onte sentinme moi ben, sen ningunha molestia, así que estou totalmente dispoñible para o míster”. Daniel Ibañes tamén poderá volver contar con Hélder.
Bellvert, que xa viviu a Copa co Santiago en 2012-13 caendo ante o Azkar na final, destaca a “intensidade e actitude” como a gran arma do seu antigo equipo: “Teñen un ritmo moi alto durante o partido que desgasta moito o rival; nunca dan o encontro por perdido por iso debemos estar ao cento por cento ata o último segundo”.
Jorge espera moita igualdade ante un vello coñecido; nas outras dúas finais nas que participou o conxunto da Mariña, en Lugo e Ferrol, o galardón foi para o Santiago. “En tres días medirémonos ao mesmo rival. Serán partidos similares, moi igualados, porque xa xogamos moitas veces xuntos e coñecémonos moi ben; creo que se decidirán por pequenos detalles que espero que caian do noso lado” reflexionaba o 18 laranxa en vésperas do compromiso polo título galego e pensando tamén na repercusión do encontro do sábado, antes de medirse aos grandes: “Despois da Copa, conseguimos tres puntos moi importantes para play off; podemos estar aí pero achégase un calendario moi esixente despois de Santiago por iso o debemos dar todo”.
A expedición laranxa porá rumbo a terras compostelás este mércores ás 16.45 horas. Este martes pola tarde (17.30) realiza o último adestramento en Vista Alegre.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Bruno, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30. Hélder





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
