Ribadeo, 14 de marzo de 2016.- O Concello abre na noite deste luns o prazo de inscrición na III Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que foi presentada este luns pola tarde.
A proba terá lugar o 10 de setembro con saída ás 17:00 horas das inmediacións Concello. O edil de Deportes, David Rivas, salientou que “este ano adiantouse unha hora o comezo dada a diferenza de chegada entre os primeiros e os últimos participantes para evitar o risco que poida supor correr case de noite pola zona”. O concelleiro nacionalista engadiu: “considerouse a posibilidade de que o percorrido rematase en Ribadeo en vez de nas Catedrais, pero descartámolo porque nos pareceu que perdía parte do encanto e da intención da carreira, que era a posta en valor e a reivindicación das Catedrais como espazo protexido”. O responsable de Deportes tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas voluntarias, ás empresas colaboradoras que nos axudan co tema do avituallamento e especialmente a Fisiorelax que agasallará a cada participante cun kit de produtos para a recuperación muscular”.
Pola súa banda, o técnico de deportes do Concello, Iván López, salientou que “haberá servizo de gardamochilas, os vestiarios dos dous pavillóns estarán dispoñibles para poder cambiarse neles, na meta contaremos cun servizo de fisioterapeutas, que agradecen moito os corredores, e tamén haberá servizo de autobuses”.
O alcalde, Fernando Suárez Barcia, subliñou da Media Maratón Ribadeo-As Catedrais a dureza, a beleza do percorrido e a labor dos voluntarios: “a dureza do percorrido que fai que veña xente de moitísimos sitios, o ano pasado xa foi internacional por participar xente doutras latitudes. En segundo lugar a beleza do percorrido por toda a costa de Ribadeo, lugar de interese comunitario LIC da Rede Natura e por rematar no paradigma das praias máis bonitas do mundo, que é a praia das Catedrais. É un guiño tamén e unha reivindicación da posta en valor e da sostenibilidade do que é a dinamización turística, pero tamén da sostenibilidade medioambiental. E en terceiro lugar tamén salientaría o voluntariado porque este evento nas dúas probas anteriores tivo moi boa acollida, pero porque houbo arredor de duascentas persoas cada unha co seu rol dando avituallamento, organizando o principio ou o final que todos os participantes valoran. Entre todos facemos unha das probas máis potentes de todo o estado”.
As inscricións para a carreira poden facerse a través de Internet en www.championchipnorte.com ata o martes 6 de setembro ou nas oficinas das áreas de Deportes e Información Xuvenil do Concello de Ribadeo e na Casa da Xuventude. O prezo é de 3 euros ata o 17 de maio, de 4 euros ata o 25 de xullo e de 5 euros ata o 6 de setembro.
Os trofeos e premios en metálico serán para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres, tanto na clasificación absoluta como na de ribadenses. Estes serán de 100 euros, 50 euros e 25 euros non acumulativos.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
