O grupo ribadense Remakers gañaba este xoves pola noite o II Concurso de Versiones da Asociación Unirock de Puerto de Vega no que participaban 22 grupos do occidente asturiano e A Mariña. Músicos de renome formaban o xurado dun concurso que premia ao grupo que toca unha canción non rockeira neste formato. Tamén houbo premio do público formado por 500 persoas que acudiron á cita.
![Remakers gaña o II Concurso de Versións Unirock de Puerto de Vega](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2016/03/unirock.jpg)