SON VIVEIRO maniféstase “a favor dunha xestión sostible dos recursos que posuímos na nosa contorna e somos conscientes de que o mar proporciona unha manchea de oportunidades neste sentido.
Por iso, temos programado un acto, aberto a toda persoa que desexe asistir, que nos permitirá valorar a situación actual do sector pesqueiro a través dunha charla informativa e divulgativa de especial interese para a xente do mar.
Trataranse, entre outros temas: a situación actual do sector, a defensa do traballo artesanal na pesca, a contaminación marítima e a presentación dunha experiencia de emprendemento como exemplo dun aproveitamento sustentable dos bens mariños”.
O acto terá lugar na Confraría de Pescadores de Celeiro este sábado 12 de marzo a partir das 11.30 horas moderado por Marcos Besada e coa participación de Juan Fajardo, deputado de AGE no Parlamento de Galicia, e Nieves Medina, de Conservas Curricán SL (Xove).