Lugo, 28 de abril do 2016.- O Delegado de Cultura presentou na mañá deste xoves no Museo de Lugo as actividades do “Mondoñedo é poesía 2016”. Xunto a el estiveron tamén María José Fernández, poeta da Pontenova e representante do colectivo A porta verde do sétimo andar, Antonio Reigosa, representante do colectivo “Mondoñedo é…” e cronista oficial do Concello de Mondoñedo, Miguel Souto, Presidente da Asociación Cultural As San Lucas, e Elena Candia, Alcaldesa de Mondoñedo.
“Mondoñedo é poesía”, que terá lugar os vindeiros 30 de abril e 1 de maio, é unha actividade cultural enmarcada na programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai 475 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.
Nesta terceira edición convoca, como nas anteriores, a numerosos autores e autoras (escritores, músicos, debuxantes, libreiros, críticos …) que en diferentes rúas, prazas e espazos culturais da cidade de Mondoñedo ofrecerán as súas creacións ao longo das xornadas 30 de abril e 1 de maio.
“Mondoñedo é poesía 2016” incrementa nesta edición as actividades complementarias, nesta ocasión coa celebración dunha Expo-libro, exposicións, e obradoiros que culminarán o domingo, 1 de maio, cun recital poético-musical.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
OBRADOIRO DE REGUEIFAS, a cargo de Josiño da Teixeira. En colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Tradescola de Lugo.
O luns, 25 de abril desenvolveranse dúas sesións, unha no IES “San Rosendo” e outra no CEIP “Álvaro Cunqueiro”
DEBUXANDO MONDOÑEDO (SKETCHCRAWL GALICIA, 2ª edición). Sábado, 30 de abril (de 11:00 a 19.00 h.)
Debuxantes e pintores cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorreran as rúas tomando apuntes da cidade e das xentes ao vivo e que se difundirán a través das redes sociais. Ás 19:00 h. debuxantes escritores reuniranse na Escola da Música para unha posta en común das diferentes experiencias.
Lugar de cita ás 11:00 h. na Praza da Catedral.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “Mondoñedo sentimental (Vidas e paisaxes)”.
Fotografías evocadoras do pasado mindoniense.
Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)
EXPO-LIBRO MONDOÑEDO
Feira de libros. Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, na Praza Jaime Cabot (de 11:00 a 14.00 h. e de 16:00 a 20:30 h.)
No marco da Expo-Libro terán lugar numerosas presentacións de libros que comezarán o sábado cun pregón homenaxe á imprenta, a cargo de Antonio Reigosa.
A xornada do sábado dedicarase á presentación de títulos e autores mindonienses e mariñaos (Armando Requeixo, Maka Ledo, Pepe Peinó, Rita Morrigán, Patricia C. Beltrán, José Díaz, Paco Rivas, E. Cal Pardo, X. Ramón Fernández Pacios, Andrés García Doural e Isidro Fernández Villalba) e a do domingo a novidades 2016 coa presentación de títulos do colectivo “O sétimo andar da porta verde” con Mª José Fernández, Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro, Mª Xosé Lamas, Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa.
TENDAL DE POESÍA no Auditorio “Pascual Veiga”.
Instalación de traballos con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses.
Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)
MONDOÑEDO É POESÍA 2016
Domingo, 1 de maio
Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
18:00 h.: Praza da Catedral, 18:30 h.: Praza da Concello e 19:00 h.: Praza Jaime Cabot.
Interveñen: Margarita Bermúdez, Mateo Buján, Martiño Maseda, Moncho García, Mª José Fernández, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Antía Juncal e Coro “Mestre Pacheco”.
No Auditorio Municipal “Pascual Veiga
De 20:00 a 21.30 h.- Recital “Mondoñedo é poesía” no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen músicos (César Morán, Carmen Rodríguez Lage e Coro “Mestre Pacheco”), e poetas (Darío Xohán Cabana, Antonio García Teijeiro, María Lado, Lucía Aldao, Martiño Maseda, Mª José Fernández, Mateo Buján, Raúl Costas, Antía Juncal e Xosé Artiaga).
Colofón: Homenaxe a Manuel Fernández de Castro, bispo de Mondoeñdo entre 1890 e 1905, e figura do rexurdimento da llingua asturiana ao cumprírense 110 anos do seu pasamento. Este acto contará co intervención do académico da Academia de la LLingu Asturiana. Xosé Ramón Iglesias Cueva.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



