O pasado venres 8 de marzo foi presentada na forxa de o ferreiro Faustino Iglesias a X Feira da Artesania do Ferro de Riotorto que se celebrará na capital do municipio próximo 17 de abril do 2016.
Este evento que non para de medrar, o ano pasado contabilizaronse sobre 12.000 persoas durante a xornada do domingo, 140 expositores e unha cifra de negocio en torno os 350.000, 00 eur.
Os únicos protagonistas desta feira do ferro son os ferreiros que saen das suas forxas para mostrar en vivo a súa arte de traballar o ferro. Un ano mais os ferreiros de Riotorto estarán acompañados por artesans do ferro de O Corgo, Baleira, Santiago de Compostela, Os Oscos e de Navarra.
A figura do ferreiro foi sempre peza clave na tecnoloxía dos diferentes oficios e actividades. Riotorto, ademáis, pode presumir de que os seus ferreiros abriron un difícil camiño, o do comercio de longa distancia. As ferramentas de corte sairon, ao longo do século XX, das nosas forxas por decenas de milleiros cara as segas das dúas Castelas, ata que a seitura tradicional deixou paso á mecanización do campo castelán a partir dos anos sesenta. No ano 1941 había 56 forxas no concello de Riotorto.
A partir de ese momento, os artesáns ferreiros non atoparon a necesaria adaptación a un esceario novo, na que a ferramenta tradicional tiña, cada ano, una demanda menguante, parella á progresiva transformación das labores agrarias. Coidamos que esa adaptación aínda é posible, confiamos nas novas tecnoloxias para desarrollar una industria familiar innovadora para poder competir en mercados de productos artesans e de calidade.
A A Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto agradece ao Presidente da Deputación de Lugo e o resto de institucións e persoas que fan posible a realización de este evento.