Foz, 11 de abril 2016.-O alcalde de Foz convocou para este luns aos voceiros municipais co fin de elaborar o orzamento municipal para este ano. Javier Jorge Castiñeira manifesta que se trata de facer uns presupostos realistas e lóxicos que contemplen os investimentos que de xeito conxunto se aprobaron en pleno durante estes últimos meses.
O rexedor focense di que “para o día de hoxe están citados os voceiros que conforman a corporación municipal do concello de Foz para traballar sobre os orzamentos deste ano 2016. O goberno xa enviou unha carta cunha serie de directrices para ir elaborando estes orzamentos, cun presuposto de partida duns 7.100.000 euros, que con respecto ao ano pasado supón unha suba de ao redor de 300.000 euros”.
Javier Castiñeira indica que “nesas directrices recórdaselle aos grupos que este ano entre a suba pactada cos traballadores correspondente a RPT asinada no 2009 e a paga da extra do ano 2012 hai que subir o capítulo de persoal ao redor de 200.000 euros. Hai que pensar tamén na posta en marcha do xeriátrico, que sexa xestionado polo Concello ou polo Consorcio, haberá que reservar unha partida de arredor dos 100.000 euros. Tamén hai pactada polo pleno unha ampliación das horas da Escola de Música, que poderían supor os 15.000 euros aproximadamente. Hai tamén que establecer se se vai a incluír unha partida para o custe dos terreos da depuradora, que sería de cerca dos 75.000 euros”.
O alcalde focense engade que “ademais o goberno pregunta se imos ter desde un punto de partida este plan de emprego que veu condicionando durante todos estes últimos anos os orzamentos do goberno en minoría. O ano pasado foron 140.000 euros destinados ao plan de emprego e pregúntaselle tamén aos voceiros se van seguir nesa liña. Ademais existen investimentos aprobados en diferentes puntos dos plenos destes últimos meses para certos arranxos en estradas e demais”.
Javier Jorge Castiñeira asegura que “hai que tratar de que os grupos fagan as súas propostas por escrito e así poder comezar a elaborar os orzamentos. É necesario telos nas vindeiras semanas para contar canto antes cun orzamento definitivo”.
O rexedor de Foz subliña que “o que quere o goberno municipal é ter os máximos apoios posibles. Tratar de chegar a un acordo e uns orzamentos consensuados por tódolos grupos. O exemplo está na Deputación, na que tódolos grupos sacrificaron parte dos seus programas para elaborar uns presupostos provinciais. Neste caso é o que toca. Todos debemos sacrificar o noso programa. Trátase de facer uns orzamentos realistas e lóxicos que poidan contemplar eses investimentos que de xeito conxunto se aprobaron durante todos estes últimos meses”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



