A Semana das Artes Plásticas na Mariña continúa o sábado 16 de abril e a vindeira semana con diversas actividades previstas no Cenima de Foz, despois de ter acollido a visita de escolares de diferentes centros da comarca durante esta semana, e no colexio Fondo Nois.
Varios artistas participarán na experiencia de facer de retratos en tódalas súas variedades -pintura, fotografía, caricatura,…- entre as 12.00 e as 14.00 horas e de novo dende as 19.00 ás 21.00 horas no Cenima de Foz: NEIRA BROCHS, MAURO LEIVAS, DANIEL CAXIGUEIRO, ZILI KATOVA, MARIA MARTÍN, LUCÍA VILA, CRISTINA BASANTA… que dun xeito desinteresado nos obsequiarán cun retrato moi artístico a todos e todas os was que estean dispostas a participar.
Tá en Artes “Queremos Arte”
Rosa López e Paz Quiroga ofrecerán dúas actividades artísticas dirixidas ao alumnado de tódalas idades, “Menudos Retratos” e “Cativario”, respectivamente, diante do Cenima a partir das 12.00 horas.
E a vindeira semana haberá actividades artísticas no Cenima de Foz a partir das 20.30 horas: “Sentirmos a arte”, o 18 de abril; “Creamos para crecer” con Alberto Pena Rei e “A fotografía vivida” con Xoán Piñón, o 19; “O novo audiovisual” con Montse Rego e Ruth Chao, o 20; “A arte que ven” con Miguel Anxo Rodríguez, o 21 de abril; “O debuxo humorístico” con Luís Davila “O Bichero”, o 22.
E no Colexio de Fondo Nois tamén a partires do 18 e ata o 21: Actividade “CATRO” con Lucía Vila, Cristina Basanta, Zili Katova e Eva Rivas. Por medio de catro técnicas diferentes e tendo como punto de partida os catro elementos naturais, cada artista explicaralle aos nenos varios modos de achegarse ás artes: vento e emocións, auga e expresión, terra e modelado, lume e sensacións.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



