O PP de Viveiro puido comprobar unha vez máis como o equipo de goberno municipal socialista de Viveiro antepón non molestar o seu grupo na Deputación ós intereses dos veciños e empresarios de Viveiro.
No pleno celebrado o pasado mércores 6 de abril, o PP de Viveiro presentamos unha moción para instar á Sra. Alcaldesa a pedir a Diputación fondos para facer a obra da renovación da rede xeral de abastecemento de auga entre Landrove e Xunqueira, moción que enmendou pedindo que se instara tamén á Xunta de Galicia. O noso grupo votou a favor da súa enmenda, posto que o que queremos é que se solucione o problema de forma definitiva buscando fondos nas distintas administración, independientemente de quen este gobernando nas mesmas.
A nosa preocupación é o benestar dos veciños e o que menos importa é de donde procedan os fondos con tal de dar solución a un vello problema que ten en vilo a moitos dos nosos veciños que non saben en que momento e durante canto tempo se verán privados dun ben de primeira necesidade como é a auga, auga pola que pagan puntualmente os seus recibos, sin que se lles deconte un euro cando se ven privados da mesma.
Polo contario o grupo socialista abstivose na nosa moción , algo inaudito, posto que a Sra. Alcaldesa como diputada Provincial tiña a oportunidade de facilitar que saira adiante na Diputación, xa que cos 12 votos do PP e o seu suman 13, e decir, contarían coa maioría para que se aprobara. Actualmente na Diputación hai sobre 2.400.000 euros sin asignar e se podería destinar unha parte para solucionar o problema de abastecemento que dende fai anos sufren os veciños que viven nesta zona da nosa vila.
A verdade é que esta actitude non nos pilla de novas, nin non nos sorprende, xa que cando buscábamos solucións para o Conservatorio, o noso grupo propuxo instar a Xunta e a Diputación para asumir parte dos gastos e así liberar as arcas municipais dunha cantidade considerable, pois ahí o grupo socialista tamén votou en contra de instar a Diputación, non vaia a ser que se lle molesten en Lugo e logo non lle den para os seus actos lúdico festivos, como acontenceu hai pouco cando lles deron 35.000 euros para a cabalgata de reis e a montaxe do Belén.
Dende o PP de Viveiro insistimoslle unha vez máis a Sra. Alcaldesa que axilice os trámites para presentar este proxecto na Diputación – non hai que olvidar que a nosa moción aprobouse a pesares da súa abstención – e que coloque a Viveiro o primeiro da lista para que deses 2.400.000 euros que figuran nos orzamentos da Diputación sen nomes e apelidos, consiga a financiación axeitada para que os veciños desta zona afectada vexan solucionado este vello problema dunha vez por todas.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



