O Presidente, Darío Campos Conde, asinou este luns as “garantías” da execución de obras en 5 Concellos da provincia con 500.000 euros da Deputación. Fíxoo nun acto cos Alcaldes dos municipios beneficiados: Paradela, Pantón, Sober, Cervo e O Vicedo. Son actuacións que Campos Conde quixo incorporar a súa proposta de Orzamento para 2016 logo de abordar de xeito privado a súa necesidade con veciños e cos propios Rexedores. “Estas obras non son de ningún partido político. Son exclusivamente dos veciños, pois fináncianse con cartos públicos de todos eles, como son os fondos da Deputación de Lugo”, remarcou.
Campos Conde subliñou que “o día que tomei posesión como Presidente adquirín un firme compromiso con cada un dos cidadáns dos 67 Concellos da provincia para facer todo o que estea na miña man para mellorar a súa calidade de vida. E iso é o que estou e vou a facer dende a Deputación: favorecer a dotación de todos aqueles servizos que redunden na mellora das prestacións públicas dos veciños, vivan onde vivan, sexan do Concello que sexan, pois todos somos iguais, non hai distincións”, engadiu.
Baixo esta premisa, o Presidente consignou de 511.081 euros do presuposto de 2016 as obras que se están a executar nestes 5 Concellos. Hoxe asinou cos Alcaldes as modificacións dos respectivos convenios, que permiten continuar coa súa execución, pospoñer a súa xustificación e recibir o orzamento necesario para pagalas.
As obras que se levan a cabo son as seguintes:
-Paradela: reforma do tanatorio, dotadas de 106.436 euros.
-Sober: sinalización de núcleos rurais; reparación de humidades no centro sociocultural; dotación dunha aula de novas tecnoloxías; mellora do punto de atención á infancia e do campos de fútbol; ampliación do saneamento e construción dunha depuradora en Telleiros e Vilamaior (na parroquia de Refoxo). O orzamento é de 129.899 euros.
– Cervo: instalación de pistas de pádel dentro do recinto deportivo do campo de fútbol, con 68.235 euros.
– Pantón: mellora do camiño da rúa Chao Falcón a Campo da Feira, arranxo de beirarrúas, e acondicionamento do saneamento de augas residuais no núcleo rural de Palmelle. 57.511 euros.
– O Vicedo: remodelación da Casa do Mar e adquisición de mobiliario para a dotación dun centro de día, con 149.000 euros (primeira fase).
Estes máis de 500.000 euros proveñen da partida de 7 millóns de euros que o Presidente incluíu na súa proposta de Orzamento para obras nos 67 Concellos da provincia ao longo deste ano.
Desta cantidade, Campos Conde xa se comprometeu con actuacións en 24 municipios lugueses por valor de 3,6 millóns de euros. O Presidente segue a manter encontros privados con veciños e Rexedores para chegar aos 67 Concellos.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



