CADERNOS DA VIAXE. A incapacidade dos partidos españois para chegar a un pacto de goberno no Estado é paradigmática. PP; PSOE. C’s e Podemos tecen e destecen cara á galería, obsesionados con perder posicións tácticas, resoltos no fondo a non ceder das súas posicións. A lóxica competitiva imponse á cooperativa e avanzar cara ao compromiso non ten premio, malia a realidade da existencia dunha maioría de votos que empurra cara un goberno progresista de centro- esquerda.
En realidade, esta actitude xeralizada ten fondas raigames na historia política e social de Castela como núcleo que se impuxo aos restantes países do Estado. A Coroa de Aragón, formada polos Reinos de Mallorca, Valencia e Aragón e o Principat catalán baseábase na confederación voluntaria destes Estados e máis no pacto do Rei con cadanseus parlamentos (superiores ao Rei). Navarra ou Biscaia baseábanse nos pactos forais e na Galicia e Portugal valorábanse sobranceiramente as capacidades de negociación e compromiso.
Pola contra, a Coroa de Castela construise sobre a primacía do Rei e a unificación forzosa de leis e relixións. Castela liquidou a tradición de convivencia das tres relixións do Libro que un día imperou en Toledo e expulsou xudeus e musulmáns, mentres sometía á doma e castración ao noso país, liquidaba de feito as Cortes e, logo de sanguentas guerras, suprimía as liberdades aragonesas, valencianas e catalás (1707-1714) e laminaba os foros vascos (1839 e 1876).
O século XIX e o primeiro terzo do XX afondaron nunha España que resolvía os seus conflitos, tanto sociais como territoriais, dende a imposición. Callou, ao tempo, un modelo de español que ten as cousas claras e que pensa do único xeito que se pode pensar. Para este modelo, ben presente na política e na educación, os compromisos e pactos son “componendas” de xente feble ou dubidosa, cando non abertamente disolvente.
A guerra civil e a longa ditadura franquista levaron ás últimas consecuencias esta aversión ao compromiso, permitindo deste xeito que unha pequena elite monopolizase o poder político e as claves do capitalismo de amiguetes que o réxime centralista propiciou.
E velaí o resultado. Desconfianza e aversión cara á plurinacionalidade, fomento do capitalismo de amiguetes fronte á libre concorrencia e incapacidade para construir cooperando.Incapacidade para o compromiso no que gañemos todos.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



