Compostela, 14 de abril de 2016. O Consello Dinamizador de ESPAZO [Ecosocialista] reuniuse este mércores 13 de abril co fin de concretar os acordos marcados pola Comunidade Aberta (máximo órgano entre asembleas) celebrada o pasado 19 de marzo.
Para ESPAZO dous son os obxectivos centrais neste período: asentar, por unha banda, o proceso da MAREA como bloque político-social de cambio, necesariamente aberto e en permanente construción, e, por outra banda, reagrupar nun novo espazo, no marco do proceso da MAREA, a nova esquerda galega.
1 – Para os ecosocialistas corresponde ás Mareas Municipalistas, agrupadas en MAREAS EN COMÚN, ser o elemento vertebrador do proceso da MAREA, teñen que ser a súa estrutura de contacto coa xente e deben buscar procesos de coordinación que lles permita despregar ao máximo as súas potencialidades.
Ademais, o proceso da MAREA debe ter un momento constituínte onde, na procura de liñas de consenso e síntese, se acorden relato, programas, código ético, mecanismo de elección de candidaturas e políticas de alianzas; por iso, desde ESPAZO apoiamos a proposta de Marea Viva, acordado por MAREAS EN COMÚN, como único espazo de construción de unidade popular sustentada mo principio de democracia radical de “unha persoa, un voto” en pe de igualdade, sen controles de cúpulas ou intereses de parte.
Este carácter nitidamente cidadá non entra en contradición coa necesaria suma de forzas partidarias que deberan diluír a súa praxe para que non haxa ningunha dubida sobre o seu escrupuloso respecto as decisión do colectivo común.
2 – ESPAZO apoiou nas pasadas eleccións xerais a EN MAREA, a pesar de ser consciente das limitacións que un formato de coalición electoral partidario tiña para canalizar a participación cidadá e o control democrático da sociedade, na procura de que se concretase o compromiso da construción dun suxeito político galego.
O Consello Dinamizador de ESPAZO considera que a construción dese suxeito político unitario pasa, máis aló de declaracións retóricas ou debates sobre formulacións xurídicas, por actuacións políticas que impliquen á cidadanía da nación arredor da súa toma de decisións.
Así, para os ecosocialistas,é fundamental que nun tema tan importante como a posición de EN MAREA a respecto da investidura do goberno central sexa consultada a súa base social a través dun referendo.
3- ESPAZO cre que existen diferentes sectores partidarios, que hoxe xa culminaron o seu ciclo vital, e persoas orfas con capacidade suficiente para abordar un proceso que culmine, nun período breve, na constitución desa forza política galega transversal no nacional, democrática no político e de esquerdas no programático. Nese senso ESPAZO intentará concretar no próximo tempo procesos de confluencia, tras unha primeira rolda de conversas con colectivos e persoas.


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



