A Asociación de Produtores de Madeira do Valadouro e Alfoz (PROMAVAL), no intento de protexer as plantacións de eucalipto contra o ataque do goniptero igual que o ano pasado no que tratou máis de 200 hectáreas, facilitará de novo este ano a colocación de bolsas de abispilla anaphes para intentar parar a defoliación e morte dos eucaliptos.
O colectivo convida a calquera veciño ou veciña interesada en tratar os seus montes en poñerse en contacto coa directiva da asociación os sábados de abril no local situado na praza de Santa María de Ferreira ou a través do teléfono 637 147 643.
Segundo o acordo en asemblea, “parte do custo das bolsas dos socios será subvencionado cos fondos de Promaval e para os non socios faráselles un prezo moito máis ventaxoso que o do mercado proque a finalidade esta iniciativa é conseguir que a loita contra o goniptero sexa o máis eficaz posible tendo o maior número de hectáreas tratadas e intentar así frear a defoliación dos montes”, como explica María Fernández Díaz, presidenta de PROMAVAL.
Exportación
A asociación, igual que outras da zona como PROMALOU, intenta abrir o mercado de comercialización da madeira cara á exportación polo que “rogamos a todo propietario interesado en informarse sobre este punto se poña en contacto con nós ou coa directiva de Lourenzá (699 012 709)”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



