Estrasbrugo, 14 Abril 2016. O Parlamento Europeo procedía este xoves ao debate en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) do Informe sobre a consecución do obxectivo de loita contra a pobreza á luz do aumento dos gastos das familias, un intercambio de opinións que, ao estilo institucional europeo, remitía a medidas paliativas en lugar de preventivas, eludindo na maioría das intervencións a propia responsabilidade da Unión Europea (UE) no empobrecemento da poboación a través da imposición de medidas de austeridade.
Como sinala o informe tomado como base para o debate, entre o ano 2008 e o 2013 o número de persoas empobrecidas na UE incrementouse en 5,6 millóns de persoas, atopándose no ano 2013 o 16,7 % da poboación en risco de pobreza e o 9,6 %, en situación de privación material grave. Na Galiza, o 20,8% dos fogares chega con moita dificultade a fin de mes (INE 2015) e o 18% dos fogares en Galiza vense na obriga de gastar máis do 10% dos seus ingresos en pagar as facturas de enerxía.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, sinalou que son precisamente as políticas de austeridade e as recomendacións do semestre europeo para os pobos do sur “as causantes do aumento da pobreza e da exclusión social”, constituíndo “unha forma de violencia contra as persoas e vulnerando os dereitos humanos”.
Así, dirixiuse á Comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidades e Mobilidade Laboral, Marianne Thyssen, presente no hemiciclo, recriminándolle que acuda ao pleno “a vender declaracións de intencións” para loitar contra a pobreza en Europa, mentras as políticas da Comisión “seguen provocando destrución de traballo nas empresas, na agricultura e na pesca; redución dos salarios e o aumento das e dos traballadores pobres; que a xuventude, a pesar de ter mais e mellor formación, non atope traballo e que moitas famílias segan perdendo a súa vivenda”.
Aliás, continuou, a imposición de medidas de austeridade que conlevou facer pagar á cidadanía as perdas xeradas pola especulación do sector financieiro en connivencia cos gobernos, supuxo “o empeoramento da calidade de servizos públicos como a sanidade ou o ensino”. No caso concreto da sanidade, abondou, “incluso provoca que moitas persoas non teñan acceso a ela ou ter que agardar moitísimos meses para realizar probas médicas”.
“Por iso, Comisaria, se realmente vostede e o Sr. Juncker queren loitar contra a pobreza, comecen por poñer fin á concentración da riqueza”, espetou; “non é admisíbel que só vinte persoas no Estado español acumulen unha riqueza equivalente á do 30% da poboación máis empobrecida”. “Abandonen xa as políticas de austeridade, fagan políticas a favor do emprego e poñan en marcha desde xa a Renda Básica Universal”, esixiu a eurodeputada galega.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



