Mondoñedo, 14 de abril de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo representando pola alcaldesa, Elena Candia, e a Universidade de Santiago (USC) polo seu reitor, Juan Viaño, asinarán un convenio de colaboración a vindeira semana para desenvolver o proxecto ‘Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio’.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, explica que o Goberno local ten entre os seus obxectivos promover accións que contribúan ao estudo da historia do municipio, polo que ambas as partes están de acordo en establecer unha colaboración para o estudo do patrimonio cultural mindoniense e a súa valorización. O obxectivo é “ter instrumentos para unha posta en valor dos nosos recursos”, incide Candia.
As actividades a desenvolver no marco do acordo deberán estar finalizadas o 31 de decembro e 2018. Os traballos seranlle encomendados a un equipo de investigación baixo a dirección do profesor Gonzalo Francisco Fernández Suárez no Departamento de Historia e do Centro de Estudo de Historia da Cidade.
Contido do proxecto
Este proxecto tomará como punto de partida o estudo do patrimonio cultural mindoniense mediante o recurso ás fontes documentais conservadas nos propios arquivos municipal e catedralicio mindoniense e rastrexando tamén todas as noticias que se puideran localizar, entre outros, no Arquivo do Reino de Galicia, Archivo Histórico Nacional, Archivo de la Chancillería de Valladolid e Archivo Militar de Segovia. Neste baleirado documental extraeríanse todas aquelas noticias que dun modo directo ou indirecto teñan relación co patrimonio cultural mindoniense. Unha vez extraída toda a información, deseñaríase unha base de datos para ordenala e facilitar a súa localización.
O traballo constaría dos seguintes apartados que o Centro de Estudos da Cidade podería desenvolver nunha primeira fase ao longo de seis meses:
– Recompilación das fontes documentais existentes, así como de planos de épocas pasadas sobre a cidade.
– Baleirado destas fontes documentais, extraendo delas toda a información que exista sobre urbanismo (trazado das rúas, casas, edificios principais, fontes, cursos de auga, perímetro amurallado, vías de acceso etc.), festividades (San Xoán, As San Lucas etc.), vida cotiá (oficios, vestimenta, alimentación etc.).
Para abordar este cometido será preciso a contratación de 2/3 persoas para realizar este baleirado mediante a elaboración dun taller de emprego para documentalistas. O proxecto debe pensarse cunha duración de entre 2-3 anos para poder sacar progresivamente novos produtos da información extraída conforme se vaia baleirando a documentación.
A maiores, dende o Centro de Estudios da Cidade poderíase contar con empresas que poderían encargarse de confeccionar vídeos, aplicación para móbiles, etc.
Beneficios do proxecto
Os beneficios deste proxecto concrétanse en:
– Mellora da posta en valor dos elementos patrimoniais da cidade de Mondoñedo mediante a confección de paneis, ben estáticos ou incluso mediante imaxes, para informar ao visitante sobre o patrimonio mindoniense.
– Posta en funcionamento de rutas históricas, etnográficas etc. mediante a súa sinalización e que unirían diferentes elementos patrimoniais tanto dentro da propia cidade como no seu termo municipal. Isto permitiría a posta en valor de lugares como por exemplo o castro de Zoñán ao ser un elemento sinalizado nestas rutas e, en consecuencia, visitado polo público.
– Creación dunha base de datos que facilitaría considerablemente a localización de elementos patrimoniais do pasado, a súa posible musealización in situ e a súa posta en valor, converténdoo deste xeito nun elemento máis da oferta patrimonial de Mondoñedo. Esta base de datos tamén tería unha importancia fundamental no momento de acometer calquera intervención urbanística dentro da cidade, dado que revelaría a existencia de todos aqueles elementos cos que nos podemos atopar (mananciais, restos de murallas, cimentacións de edificios antigos etc.).
– Mellora da web do Concello mindoniense e creación dun perfil social no que se recollese de modo pormenorizado toda a oferta patrimonial que Mondoñedo pode ofrecer aos seus visitantes.
– Confección de vídeos promocionais da propia cidade, recreacións en 3D etc.
– Asesoramento para a mellora da feira medieval (ambientación, desenvolvemento doutras actividades, conferencias etc. que poidan atraer un maior número de público).




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



