O Consello da Xunta aprobaba este xoves 14 de abril a subscrición dos convenios plurianuais de colaboración entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés, a Mancomunidade dos municipios da Mariña Lucense, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Mancomunidade de municipios de Ría de Arousa Zona Norte para a realización de actividades de promoción e información do turismo nestes xeodestinos.
O obxectivo destas colaboracións é contribuír, a través de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento da riqueza e do turismo destes xeodestinos, á potenciación destes territorios como destinos turísticos.
Estes convenios constitúen unha continuación da colaboración establecida estre estas comarcas e Turismo de Galicia, a través dos plans de dinamización desenvolvidos nestas áreas, levando agora a cabo actuacións que afectan o conxunto dos territorios, para desta, forma reafirmar estes xeodestinos xa moi definidos no ámbito turístico.
Ao mesmo tempo, procúrase a través destes convenios a sensibilización tanto dos visitantes como dos propios veciños das zonas sobre a importancia de preservar e poñer en valor o patrimonio natural, artístico e cultural que, ademais de ter unha clara proxección turística, é un importante factor de dinamización económica destes xeodestinos.
Así, estes convenios, ademais de responder ás liñas estratéxicas trazadas no Plan integral de turismo de Galicia, contribuirán a divulgar a realidade e potencialidade da nosa comunidade, como receptora dun turismo de calidade, e incidirán no seu maior desenvolvemento e coñecemento no exterior.
Entre as iniciativas que levarán a cabo nestes xeodestinos no marco destes acordos encóntranse a elaboración de contidos, promoción en plataformas e famtrips dirixidos a mercados internacionais; a execución de plans de e-márketing; iniciativas para a consolidación e creación de produtos turísticos; actividades formativas para os axentes turísticos; accións de accesibilidade universal aplicada á promoción turística; iniciativas para o fomento do turismo deportivo e a natureza ou para o impulso do turismo gastronómico, entre outras.
Para a consecución destas actividades, Turismo de Galicia realizará unha achega económica de 760.000 euros dos cales, 200.000 € irán destinados á comarca do Salnés, 200.000 € á Ribeira Sacra, 200.000 € á ría de Arousa Zona Norte e 160.000 € á Mariña lucense.
Turismo de Galicia reafirma así a súa aposta pola promoción destes xeodestinos incrementando en máis dun 18 % o seu investimento total en relación á achega realizada no bienio 2014-2015.
A vixencia dos convenios de colaboración manterase ata o 15 de decembro de 2017.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



