Lugo, 29 de abril de 2016.- O Grupo Provincial do PP propón unha modificación dos estatutos de Suplusa, ente dependente da Deputación de Lugo, ante a parálise á que o presidente, Darío Campos, ten sometida á Sociedade “que está a funcionar de xeito deficiente”. En concreto, non se están a impulsar os polígonos industriais da provincia nin se están a abrir as residencias comprometidas, tal e como censuran os populares.
A voceira do PP, Elena Candia, asegura que o seu grupo pretende “sacarlle máis partido a Suplusa e poñela a funcionar, tras ter comprobado que Campos ou non sabe ou non quere”. Coa modificación dos estatutos que propón o PP, o presidente da Deputación perdería o control da sociedade.
O Grupo Provincial do PP promove ademais a modificación dos estatutos actuais para que a sociedade urbanística amplíe a prestación de servizos sociais de vital importancia para os cidadáns da provincia, tal e como está recollido no documento que rexe o seu funcionamento e pese á desatención por parte do actual presidente.
Tal e como explica a popular, Suplusa pasará a traballar conforme á realidade política da Deputación de Lugo de forma que a súa composición se axuste á proporcionalidade existente no Pleno da Deputación e tendo en conta que o bipartito non é capaz de sacar adiante ningún proxecto nin medida. Tanto é así, que a actividade da sociedade se cingue unicamente a aquelas reunións que teñen sido solicitadas e promovidas polo PP.
Novo presidente do Consello de Administración
Os populares promoven ademais que o presidente e o vicepresidente do Consello de Administración sexan nomeados polo propio Consello de Administración de entre os seus membros e pola maioría absoluta do número estatutario de membros. O presidente terá entre as súas facultades as de convocar o Consello de Administración, sinalar a orde dos asuntos que deban tratarse en cada reunión, presidir e dirixir as deliberacións e votacións decidindo os empates co seu voto de calidade, autorizar e dispoñer de todo tipo de gastos e contratos de contía igual ou inferior aos 150.000 euros, ordenar materialmente os pagamentos, subscribindo os documentos oportunos, xunto co interventor e o tesoureiro, así como abrir e cancelar contas e depósitos en calquera entidade financeira ou de crédito, conferir delegacións e apoderamentos no marco das súas competencias e adoptar cantas medidas sexan precisas para garantir o cumprimento das obrigas legais de transparencia e bo goberno.
Funcións de Suplusa
A Sociedade terá como obxecto social a realización de actividades ligadas á ordenación do territorio, ao medio ambiente, a intervención no mercado do solo e na edificación; a promoción, ordenación e execución de actividades urbanísticas e inmobiliarias, adquisición e alleamento de toda clase de bens inmobles, xestión e realización das obras e dotación de servizos e a súa posible explotación, a xestión, investigación, desenvolvemento e promoción, e a colaboración coas entidades públicas ou privadas para a xestión e desenvolvemento urbanístico da provincia de Lugo, a xestión do patrimonio de titularidade dominical da Deputación Provincial, así como a proxección, construción, conservación e a explotación de toda clase de infraestruturas que a Deputación Provincial de Lugo promova ou participe, como os servizos que se podan instalar ou desenvolver nas ditas infraestruturas, incluídas tanto polo que atinxe ás infraestruturas ou obras, como á xestión ou explotación dos servizos que en aquelas se establezan, as do ámbito social, sempre e cando gocen de natureza económica, e sempre que se trate de prestacións, programas e servizos de carácter social.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



