Lugo, 29 de abril de 2016.- Os deputados do PP por Lugo Joaquín García e Jaime de Olano consideran que coa presentación da PNL sobre o aumento dos efectivos policiais na Comisaría de Lugo, o PSOE unha vez máis realiza “unha simple presentación mediática, na que tan só busca conseguir unha foto e un titular, para seguidamente perder o interese por Lugo e polo seu comisaría. Unha forma de proceder á que o PSOE tennos afeitos”, engaden.
Para os deputados lucenses “o que quedou claro é que o único que perseguen a deputada e o senador socialista é conseguir un espazo no xornal e non un debate clarificador sobre as propostas”.
Así o sosteñen Joaquín García e Jaime de Olano porque logo de presentar a proposta e á hora de elixir que PNLs propoñen debater na Comisión de Interior, os socialistas aparcaron esta iniciativa e preferiron elixir e, polo tanto priorizar, outra sobre os motivos de concesión dunha distinción ao director do xornal A Razón. “Esta decisión do PSOE demostra o pouco que realmente interésanlles os asuntos relacionados con Lugo e a súa provincia. Coa redacción e presentación desta iniciativa cumpren o seu obxectivo: unha foto e un titular, para logo esquecerse de Lugo”, subliñan.
Os deputados populares tamén recordaron que foi este Goberno, o Goberno presidido por Mariano Rajoy, quen aprobou, malia os difíciles anos de crise económica e os necesarios axustes presupuestarios, taxas de reposición do 100% no persoal do Corpo Nacional de Policía e que Lugo non é allea a esta política.
Exemplo continuado
Por outra banda, precisan que este proceder do PSOE non foi un exemplo illado. Así, si o propio Pedro Sánchez dedicouse 4 meses a facerse fotos, paseos e rodas de prensa baleiras de contido, bloqueando a posibilidade de formar un goberno entre forzas constitucionalistas para, finalmente, recoñecer o pasado martes o rotundo fracaso desta actuación. Así, o GPSocialista no Congreso anunciou ante os medios de comunicación a presentación de diferentes iniciativas sobre o aerómetro de Rozas, o sector pesqueiro ou limpeza de ríos, que logo non quixeron tramitar nin someter ao debate político no Congreso dos Deputados.
García Díez e de Olano lamentan “a pouca seriedade e a falta de respecto aos lucenses, aos galegos e ao conxunto dos españois, daqueles que entenden a política como un mero espectáculo con moita foto, moito “postureo”, escaso debate e reflexión e ningún resultado. “Non podemos admitir que esta forma de facer política sexa a que esperan os lucenses dos seus representantes”, conclúen os populares.



















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



