Viveiro, 27 de abril de 2016.- O pasado martes 26 de abril no pleno celebrado na Deputación Provincial, puidemos comprobar unha vez máis, a falta de compromiso da Alcaldesa de Viveiro cos seus veciños e a súa aposta clara por preocuparse máis de non molestar os do seu grupo e asegurar o seu posto, que por apostar polo emprego nuns tempos nos que este é máis necesario ca nunca.
Ante unha moción presentada polo Grupo provincial do PP relativa a creación dun plan de reactivación de fomento do emprego dotado con 5 millóns de euros e dirixido a concellos de menos de 20.000 habitantes, a Sra. Loureiro votaba en contra, deixando ver o pouco que lle importa a creación de emprego no noso municipio, a pesares de ter aprobado hai ben pouco un plan de emprego municipal – dotado cuns escasos 20.000 euros tal e como manifestou o noso grupo – e que foi apoiado de forma unánime por todos os grupos que conformamos a Corporación . Con todo e a pesares do voto en contra do PSOE e o BNG, o mencionado plan saíu adiante cos votos do PP e o diputado non adscrito.
Dende o PP de Viveiro lamentamos esta posición inexplicable da Sra. Alcaldesa de votar en contra do emprego para os veciños de Viveiro, e que ven a corroborar o que xa temos manifestado noutras ocasións con relación a outros asuntos nos que tamén se lle instaba a que recurrise á Deputación, onde antepón os intereses partidistas ós das necesidades reais dos veciños. Cabe recordar aquí cando se lle propuxo que lle pedise á Diputación parte do finaciamento para o Conservatorio de Música e se negou, ou máis recientemente cando no pleno de abril, nunha moción planteada polo noso grupo para pedir que a Deputación acometese as obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga entre Landrove e Xunqueira se abstivo.
Dende o PP de Viveiro pensamos que con actitudes e decisións coma esta de non apoiar o emprego, a Sra. Loureiro está condenando a Viveiro a un futuro moi negro e demostrando o seu interese cero por todo o relacionado con algo tan importante e básico como é a creación de emprego.