Viveiro, 1 de abril de 2016.- O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte moción para a renovación da rede xeral de abastecemento de auga no tramo entre a depuradora de Landrove e a ponte do tren en Xunqueira.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado 29 de marzo aprobábase o Orzamento da Diputación de Lugo para o ano 2016, podendo comprobar como Concellos veciños coma O Vicedo, Xove, Cervo,Foz, Barreiros, Ribadeo ou Mondoñedo, recibían cuantiosas achegas nominativas para a realización de distintos proxectos.
A nosa sorpresa era maiuscula ó comprobar como non aparecía nada nominal para o Concello de Viveiro, a pesares das innumerables necesidades que temos e de que a Sra. Alcaldesa é Diputada Provincial e responsable dunha area de goberno, o que nos leva a pensar que non pediu nada para o noso Concello ou que lle dan igual os problemas dos veciños.
Son moitas as necesidades do noso Concello, pero por tratarse dun servizo básico e que non permite máis demora debido o gran número de roturas e perxuicios que orixina, cremos que é necesaria e inmediata a renovación da rede xeral de abastecemento dende Landrove ata a ponte do tren en Xunqueira.
Esta canalización que discurre dende o barrio de Xunqueira ata a ponte de Landrove ó largo da estrada LU540 – aproximadamente uns 2,5 Km. – é unha canalización moi antigua, con máis de trinta anos e as tuberías son de fibrocemento. Da servicio a uns 2000 habitantes empadroados nestes barrios, si ben nos meses de verán poden incrementarse nun 30/40%. Nos últimos anos rompeu con moita frecuencia en distintos puntos deste tramo, ocasionando como xa dixemos innumerables problemas e perxuicios ós usuarios desta zona – veciños, hostaleiros, industriais… -, que se ven privados dun servicio básico e de primeira necesidade como é o do suministro de auga durante moitas horas e nalgúns casos durante días.
Dende o PP de Viveiro somos moi conscientes das moitas necesidades que ten o noso Concello e xa que non o fixo a Sra. Alcadesa imolo facer nós, pedirlle a Diputación Provincial de Lugo que con cargo a aplicación orzamentaria 9430.762 transferencias a outras entidades locais- onde aparecen 2.400 .000 euros -, se acometa a renovación da rede xeral de abastecemento dende Landrove ata a ponte do tren en Xunqueira.
Por este motivo propoño ó pleno da Corporación a aprobación do seguinte ACORDO:
1 – Instar á Diputación Provincial de Lugo que acometa a realización da obra de renovación da rede xeral de abastecemento de auga no tramo comprendido entre a depuradora de Landrove e a Ponte do tren en Xunqueira.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



