O vindeiro sábado, 9 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, dentro da Programación Cultural do 2ª Semestre, a Delegación Municipal de Cultura preséntanos ao Grupo de Música Tradicional OS MELIDAOS co seu último disco “FESTA NA CODESEIRA”. A entrada será libre.
O Grupo de música tradicional Os Melidaos naceo no ano 2000 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que compre conservar. Este grupo vén desenvolvendo a súa actividade musical, dende hai quince anos, con aquel principio como guía.
Os membros do grupo Melidaos son:
-Pepiño Blanco-Bombo.
-X.Luís Casal-Tamboril.
-Antonio Raposo-Gaita, pínfano e pandeireta.
-Diego González-Gaita e pandeireta.
-Xele Barrio-Acordeón.
-Carlos Barbeito.-Gaita.
-Pilar Ramallal- Gaita e Pandeireta.
O seu repertorio nútrese de pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos catro Coros Historicos , de diferentes cuartetos ou agrupacións relevantes do noso país, cancións recollidas por eles mesmos ; así como outras pezas da súa creación.
A súa discografía, conta xa con tres discos no mercado:
-“Que ben baila, que ben baila” 2009.
-“Axudáme a cantar” 2012, no que incluiron por vez primeira, as voces dos seus membros.
-“Festa na Codeseira” 2015 , con máis da metade das pezas tamén cantadas. O disco contén 15 pezas con importante presenza da voz e con máis da metade das mesmas compostas por Antonio Raposo Vidal. Un disco con pasodobres, muiñeiras, valses , foliadas, pasacorredoiras e, por suposto, alalás, pezas imprescindibles no nosa tradición musical polas que Os Melidaos senten auténtica devoción.
O grupo leva anos investigando, conservando, poñendo en valor e divulgando a enorme riqueza musical deste País. Un grupo que goza coa nosa música, que busca a información de cada unha das pezas que interpreta, que respecta coa máxima fidelidade as cancións que chegan ata eles e que , por enriba de todo, amosan orgullo interpretando a música galega.
Nos últimos anos pasaron por importantes escenarios: Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Salón Teatro de Compostela, Museo Provincial de Lugo, Auditorio de Pontevedra, Rianxo, Baiona, Vigo, Redondela, Casa de Rosalía de Castro en Padrón, na Praza Maior de Ourense, tocando e cantando coa Coral de Ruada ou no centenario do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, entre outros.
Os Melidaos incorporaron hai meses á súa formación unha muller, Pilar Ramallal Fernández, gaiteira da Mariña Lucense, de Burela e, hai unhas semanas a un novo gaiteiro, Carlos Barbeito, de Oleiros, que vén a substituir ó veterano Marcelino Vázquez que decidiu deixar a formación pola súa elevada idade. Seguen sendo, pola tanto, sete membros.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



