A Coruña, 14/04/2016-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo concentrouse este xoves ás portas da sede do TSXG, para mostrar o seu rexeitamento á sentenza da Sala do contencioso-administrativo, xa recorrida polo Concello de Lugo.
Durante o acto Queremos Galego fixo entrega dun escrito dirixido ao presidente da Sala, indicando o posicionamento de Queremos Galego contra unha sentenza que elimina aspectos básicos da Ordenanza de uso do galego en Lugo, como o dereito da cidadanía a recibir igualdade de trato ao se dirixir en galego a servizos contratados pola administración a empresas privadas; o recoñecemento do galego como lingua propia e oficial do Concello de Lugo; a rotulación en galego de oficinas, despachos e sinalización viaria; o efecto normalizador das axudas e subvencións; ou cuestións tan evidentes como a existencia dun ámbito lingüístico galego.
Sentenza contra os acordos impulsados coa mobilización social
O portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego, Marcos Maceira, puxo de relevo a existencia neste momento de discriminacións en servizos públicos polo uso do galego: “hai persoas en Galiza ás que se lle negou atención en servizos municipais en Galiza só por falar galego alegando o dereito ao descoñecemento por parte das empresas que prestan o servizo”, precisamente unha das cuestións que viña a solucionar a ordenanza de Lugo e outras que se están a tramitar en Galiza.
“Falamos galego e queremos facelo en liberdade sen coaccións de ningún tipo para que mudemos de lingua, e menos de empresas que deberían estar ao servizo da cidadanía, e non ao revés”, afirmou, para engadir que “parece que coa onda de privatizacións tamén queren recortar o dereito a vivirmos en galego”.
Por este motivo, sinalou o portavoz da plataforma, “temos que rexeitar sentenzas como esta que agreden acordos unánimes” en referencia á lexislación ou acordos nacionais que van deste a Lei de Normalización Lingüística, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, a lei de uso do galego como lingua oficial polas administracións locais; ou internacionais como a Carta Europea das Linguas ou da Declaración universal de dereitos lingüísticos. “Todos eles ratificados por todas as forzas políticas o pasado 15 de xullo a instancias da Mesa pola Normalización Lingüística”. Non se pode consentir que unha minoría amparada polo poder xudicial actúe contra acordos e dereitos conquistados pola inmensa maioría da sociedade galega
Avances para o galego
Para Queremos Galego non é suficiente frear estes ataques. “Galiza e a súa lingua precisan afondar nunha lexislación que ten que ser máis favorábel ao galego, precisamente para evitar sentenzas como esta, baseadas en interpretacións sectarias, baseadas na imposición de prexuízos seculares e contrarias a calquera paso adiante para a lingua de Galiza que estea encamiñado a conseguir un mínimo de igualdade e de oficialidade real.
Neste sentido o portavoz de Queremos Galego chamou ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feixó a cumprir coa súa obriga de defender o galego e Galiza, comezando por se sumar “ás miles de persoas que reclaman o seu dereito a vivir en galego con plena normalidade e a actuar promovendo mudanzas lexislativas”, tan necesarias, sinalou “cando aínda en 2016 hai máis de 500 disposicións legais que amparan ou obrigan ao uso do castelán fronte a menos dunha decena a favor do galego e que no mellor dos casos consinten simplesmente o seu uso”.
17 de maio: o idioma é a vida
O portavoz de Queremos Galego avanzou que o lema do vindeiro 17 de maio será “o idioma é a vida”, comezo dun coñecido verso do poema “A fala” de Manuel María.
Maceira sinalou tamén que agardan un 17 de maio masivo que contribúa dunha maneira decisiva a devolver o galego ao lugar de normalidade e pleno dereito que nunca debeu perder, así como a parar os ataques que está a sufrir con avances significativos.
A campaña do 17 de maio será presentada nos próximos días.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



