CON PÓLVORA E MAGNOLIAS. O mércores 26 de abril no foi un día coma outro calquera, o Tribunal de Xustiza da UE estaba a dirimir a cuestión da retroactividade en relación coas cláusulas solo; para todo aquel non familiarizado coa devandita cuestión só resaltar que o sector financeiro patrio estábase a xogar a nada despreciable cantidade de 10.000 millóns de euros, é dicir, por exemplo, todo o que vale Bankia.
Agochadas detrás das cifras están as historias persoais de 3,5 millóns de familias que firmaron hipotecas con este tipo de estipulacións e que están a sufrir as súas consecuencias, e as sentencias do Tribunal Supremo que deron pistoletazo o 9 de maio de 2013 ao que se denominou en términos xornalísticos como a “revolución das cláusulas solo”.
E a cuestión, que pode ser interpretada por calquera profano como outra aburrida historia en torno a produtos financeiros opacos, non é baladí; xa no mes de novembro a avogacía do estado, esa que financiamos os contribuíntes, se personou na causa manifestándose contraria aos intereses dos consumidores e, por tanto, á devolución retroactiva das cantidades, alegando graves perxuizos de carácter económico e financeiro.
O que se está a disputar é algo tan vello coma a historia eterna do desenrolo social, a loita dos máis –consumidores- contra os intereses dunha minoría –establishment financeiro.
Traída a colación desta cuestión quero rescatar a intervención do profesor Carlos Taibo no programa El Intermedio o mesmo día de autos; aínda que breve e sucinto na súa exposición intentaba desgranar as liñas mestras do TTIP. Cando a interlocutora se refería ao descoñecemento cidadán con respecto a este tratado, afirmando que tan só o 30% por cento da opinión pública manifestaba ter unhas nocións acerca do seu significado e consecuencias, o profesor reaccionaba de forma meridianamente escéptica, postulando que a porcentaxe era moito menor. Concluía facendo referencia a un termo, “colapso”, que prognosticaba a 20 ou 30 anos vista.
Se establecemos un mínimo denominador común entre materia de consumo e tratado internacional só pode pasar pola necesidade inescusable de abrir un debate acerca do vindeiro modelo social, da próxima estrutura de mercado, dun proxecto de modelo produtivo, de conxugar o exposto coas necesidades ecolóxicas e mediambientais… A delegación de responsabilidades cidadá e o desentendemento con respecto ás temáticas que nos afectan leva irrevogablemente a un destino coñecido: colapso.