Xove, 18 de abril de 2016. Todo está listo en Xove para a celebración da Festa das Flores a finais deste mes, os días 29 e 30.
O programa dará comezo o venres en Chao da Aldea co pregón que pronunciará o presentador e actor xovense Roberto Vilar, a partir das 20.30 horas. Haberá o Venres de tapeo nos locais hostaleiros, que estará dedicado á Festa das Flores. Ás doce da noite terá lugar o sorteo presencial do tapeo do mes de abril, que presentará tamén Roberto Vilar e a continuación concerto de Joni Ramos, presentando o novo espectáculo The show must go on. A primeira xornada deste evento festivo rematará coa verbena amenizada por Cronos Band, de Xove.
En Chao da Aldea o sábado ás 11:00 da mañá abrirá as súas portas o Mercado da Festa das Flores. Ás 12:30 horas terán lugar as ofrendas tradicionais á Virxe María, seguidas de misa á unha do mediodía e de procesión. Para as 14:30 horas está prevista a sesión vermú, que amenizará Cronos Band e na que intervirán os gaiteiros de Saíñas. A xornada de festa continuará co xantar popular ás 15:00 horas, co teatro a cargo do grupo da ACD Xove ás 17:30 horas e con xogos tradicionais entre as seis e as oito da tarde. Xa pola noite a partir das dez actuación musical de Vatican Crowes e verbena amenizada por Cronos Band e ás doce sorteo presencial da Aciam de Xove, dunha cesta con diversidade de produtos e valorada en 1.500 euros. “Para participar no sorteo o único que hai que facer é adquirir rifas nos nosos establecementos asociados”, indican desde a Aciam.
Como actividades paralelas explican desde a directiva da asociación “teremos un photocall para que os asistentes á Festa das Flores sexan os protagonistas e garden un bo recordo desta cita. E ademais do 25 de abril ao 1 de maio poderase ver na sala de exposicións do Centro Cívico a mostra sobre Os maios”.
Desde a directiva da Asociación de Comerciantes de Xove subliñan que “xa están á venda os tíckets para participar no xantar popular da Festa das Flores. Si se adquiren anticipadamente custarán 6 euros e si se mercan o propio día da comida o prezo será de 8 de euros”. E engaden que “todas as persoas que o desexen poden atopar información detallada na nosa páxina de facebook Aciam Xove”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



