As persoas interesadas en traballar no Resurrection Fest poden deixar os seus currículos na Casa do Concello de Viveiro dende este xoves 12 de maio.
O Resurrection Fest abre a bolsa de contratación para traballar no Resurrection Fest. Igual que en anos anteriores, as persoas interesadas en participar neste proceso, poden deixar o seu currículo na Casa do Concello e a organización do festival chamará aos posibles candidatos en función das necesidades.
O perfil de posto a cubrir é amplo, incluíndo distintos postos de hostelería, persoal de montaxe ou técnicos de producción de eventos, entre outros.
O prazo para a súa presentación é dun mes.