A piques de chegar a época estival son moitas as praias mariñanas as que se atopan descarnadas de areas, vamos que mais que areais son auténticos pedreiros; Covas en Viveiro, Arealonga en Nois (Foz), a Arealonga de Barreiros, etc…
A que se debe?
O certo é que os temporais inflúen si, sempre se descarnaron de areas as praias durante o inverno e se repuxeron solas nos veráns, pero ultimamente a cousa esta a cambiar xa non se repoñen as praias, a area non volve na medida na que se vai.
A causa real deste fenómeno, a que vai marcar, e determinar o futuro inmediato destas praias, é o cambio climático e a subida irremediable do nivel do mar, din que uns tres milímetros e medio anuais durante estes oitenta últimos anos. E apesares de que cando eramos pequenos estudamos no colexio que estabamos sitos na península ibérica, na parte que se elevaba sobre o nivel do mar, namentres que a zona sur en teoría se fundía lentamente, a realidade móstranos que o mar xa nos esta chegando os nocellos, e isto parece non ter solución a curto prazo.
A pesares de estas conclusións, que poden ser discutibles ou non, podemos ler dende xa vai tempo as queixas dos concellos mariñaos respecto das perdidas das súas praias, e as súas posibles solucións a cada cal mais pintoresca; que si mover area de aquí para ali, que si sacala de unhas zonas de dunas protexidas, que si deixar a ver si se repoñen solas, que si facer un dique de contención, que si moven area teñen denuncia ecoloxista ou dos surfistas como pasou en Mundaka – Euskadi recentemente, etc, etc, etc …
Ben en Foz se algo nos sobra e que estamos desexando nos saquen de enriba é area. Area de cunchas, limpa e pura, area fina e branca de alta calidade para as praias, a mesma area que nutre a praia da Rapadoira e Altar ambas con bandeira azul dende fai moitos anos.
Area de fácil extracción e que sin ser a solución final para os males da nosa ría (isto merece un capitulo aparte), esta aliviaría a situación actual de afogamento da nosa ría. Non falamos do dragado dos peiraos, non falamos deses fangos, falamos de area que xa no seu tempo se usou para facer a praia de bandeira azul do Portelo en Burela ou para reencher a praia de altar en Barreiros ou a mesma praia da Pampillosa en Foz. Area que se sacou da ría de Foz da sua canle, area que vai dende os antigos estaleiros ata a punta do faro da praia da Rapadoira.
En fin… que en Foz temos area para repoboar tódalas praias da mariña. E que se queren seguir loitando contra o inevitable e rexenerar as praias, so teñen que vir buscala que estamos desexando sacala da nosa ría, onde unha vez máis, por culpa da man do home entra pero non escapa. Curiosa antítese co que pasa nas nosas praias…
Asociación a Ribeira de Foz
Pte. Alberto Burundarena Maseda



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



