Foz, 15 de maio de 2016. O Cenima, de Foz, acolleu este domingo o sorteo dun dos cadros expostos nas últimas semanas nos escaparates de varios comercios asociados á Acia/CCA de Foz. A iniciativa, enmarcada na Semana da Arte na Mariña denominouse Arte nos escaparates.
No sorteo estiveron presentes o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, os coordinadores da Semana da Arte, Xerardo López e Pedro Cabarcos, así coma varios dos artistas participantes: Neira Broch, David Catá, Eva Rivas ou Xosé Blanco. A man inocente de Martina foi a encargada de extraer a papeleta afortunada. Cristina Otero Braña, de Foz, é a gañadora dunha das obras expostas. Proximamente coñecerase por cal se decantou.
José Carlos Paleo agradeceu aos artistas a súa participación nesta orixinal mostra, así coma aos establecementos que acolleron as obras nos seus escaparates desde o pasado 15 de abril. Foron 18 as obras expostas ata onte, sábado, en Saint Tropez, María Docampo, 100 P´S Zapatería y Complementos, Chinela, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Farmacia Fátima Maañón, Estación de Servicios Foz, Kukadas, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Catorce Cero Catro, Bahía Xoguetería, 5 Lobiños, Lito Piel, Milar, Xanela agasallos e complementos, Longarela e Anduriña.




















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



