Todas as persoas temos unha opinión sobre o que nos rodea, sobre como é ou debese ser, ou nos gustaría que fose.
O don da palabra como instrumento de comunicación é un atributo do ser humano moi valorado en todas as culturas e relixións, ata chegou a utilizarse como proba patente da creación divina do ser humano.
Coa voz e coa palabra pódese trasladar a outros o que nos ocorre por dentro, como estamos, que pensamos ou queremos. As nosas expresións poden ser afirmativas ou negativas, clarificadoras ou enredosas, conter verdades ou mentiras, poden comunicar rabia, quejido, felicidade ou calquera formato que poida adoptar o noso estado de ánimo.
Unha das variedades da transmisión oral é a opinión. Todas as persoas temos unha opinión sobre o que nos rodea, sobre como é ou debese ser, ou nos gustaría que fose. Opinamos continuamente sen querer ou querendo, sen darnos conta estamos manifestando noso parecer sobre nosa propia vida e o mundo circundante.
O valor da opinión non só depende do tema que sexa obxecto senón tamén da persoa que a emite. Hai opinantes ilustres que argumentan, convencen ou cativan. Hainos desastrosos que logo de moitas liñas e un malgaste absurdo e mal conformado de palabras non conseguen nin a medias dicir o que querían ou acaban dicindo o que non querían dicir. Entre un e outro extremo e en diversos grados atopámosnos/atopámonos todos os demais.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



