Os sendeiristas de Burela desprazábanse esta fin de semana a Allariz para disfrutar desta cuidada vila cruzada polo río Arnoia. O sábado 14 visitaron o rico patrimonio histórico e arquitectónico, que mereceron no 1971 a declaración de Conxunto Histórico Artístico: o seu Casco Histórico, o Convento de Santa Clara e o Museo de Arte, a Iglexa de Santiago e a de San Martiño de Pazó, así coma o Museo do Xoguete. Tamén puideron admirar os xardíns preparados para o VII Festival Internacional de Xardin de Allariz que se celebra nestas datas e visitar a variada zona comercial. Xa o domingo 15 realizaron a ruta de sendeirismo que transcorre, en parte, polas riveiras do río Arnoia a través dun camiño de pescadores e que tamén chega ao Ecoespazo O Rexo onde puideron admirar as obras do artista vasco Agustín Ibarrola, realizadas sobre elementos naturais cómo árbores e rocas integradas na paisaxe. A ruta continuaba por unhas frondosas carballeiras que os levaron ata Vilariño e de retorno a Allariz, unha ruta moi bonita e interesante que resultaba perfecto para os corenta participantes.
