Dúas persoas resultaron feridas ao saírse da vía o vehículo no que viaxaban cando circulaban á altura da parroquia de Carballido, no concello lucense de Alfoz.
Pasados uns minutos das 16.30 horas deste domingo, os servizos sanitarios informaban ao CAE 112 Galicia do accidente. Indicaban que había dúas persoas feridas e atrapadas no interior do turismo ao non poder abrir a porta. Así, o 112 Galicia pediu a intervención dos membros do parque comarcal de Barreiros que unha vez no punto, confirmaron a excarceración dun dos ocupantes.
Ademais, dende o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e informouse aos efectivos do GES de Cervo.