O Valadouro, 11 de maio de 2016.- O día das Letras Galegas, nesta edición de 2016, está adicado ó autor chairego Manuel María. Por este motivo, desde a concellaría de cultura do concello de O Valadouro liderada polo edil nacionalista Eduardo Chao, estanse a preparar unha serie de actos para celebrar a xornada. Por tal motivo, o sábado 14 de maio ás 20:30 horas no salón de actos da casa da cultura “Manuel Lourenzo” e con entrada de balde,a asociación cultural e teatral “Abril de Lume e Ferro” de Carral vai a representar a obra de Manuel María sobre os mártires de Carral denominada “Abril de Lume e Ferro”.
O martes 17, dia grande das Letras Galegas, tamén as 20:30 horas e con entrada de balde o grupo de cantareiras Nova Semente de Celeiro e o grupo de cantareiras do Lar de Ferreira fan a súa particular homenaxe ás letras interpretando cancións populares galegas que unido ó coro parroquial Virxe das Dores de Ferreira que vai a cantar varios temas aos que lles puxo a letra Manuel María. Nesta xornada, falaranos da vida e da obra de Manuel María Lionel Rexes.