Servidor que, dende hai moitos anos, escribe versos por vocación e algunhas veces por vicio, ten que confesar que Foz, pra él, é moito mais que un tema para unhos versos de xogos florales. Foz é un ollo vixiante e humán desta terra galega, aberto para contemplar e gardar o vello mar dos ártabros que, nos días de hoxe, se chama mar Cantábrico.
Normalmente achégome a Foz polo menos unha vez ó ano como o cuco. Mais sempre con demasiada presa. Sen tempo para falar cos amigos, pra beber unha taza e pra pasear un pouco demoradamente os camiños da vella vila. Cando un pasa por Foz en auto non se entera de nada, non escoita a música labrega do regato de Colín – ¿“colín” non derivará de “caolín”?—nin as ondas aínda sen domar, pese a estar xa contaminadas, da Praia de Llás. Nos ollos do viaxeiro queda a visión dunhos edificios desformes, que pechan a armonía desta paisaxe increíble. Estes edificios enormes e broncos, esóticos, que tan mal casan que seu entorno, froito da especulación do chao, cecais que non se afaigan no lugar que os puxeron, e que, aburridos, un día calquera se tiren ó mar e morran afogados. Agardemos que o insólito se produza algunha vez. Daquela Foz recuperará o seu ritmo e a súa medida de vila mariñeira, labrega e progresiva. O progreso ten que estar ó servicio do home e non o home ó servicio do progreso.
Para un labrego de vocación, nativo da Terra Chá, Foz é un lugar no que se atopa moi ben. Porque Foz é tanta terra como mar: un equilibrio feliz, xusto, armónico e humán.
Hai pobos e ciudades desta terra luguesa, cuia vida pasou a letras de molde en libros inesquecibles. Neste senso tiveron moita sorte Viveiro e Monforte de Lemos. Lugo capital ten en Anxel Fole un cronista extraordinario. O seu “Cartafolio de Lugo”, espallado nas llanas dos xornais, o día que se xunte nun libro – que non nos explicamos como non está xa impreso – vai ser chave mestra que nos abrirá a fondo a misteriosa intimidade da cidade. Foz precisaba un libro que transcendera da guía turística. Un libro que describira a paisaxe, que descubrira o segredo das vellas rúas baixando cara á ría, que cantara a vida das súas xentes, a historia das súas tabernas, os lances das súas costeiras do bonito e a ledicia das súas romerías. E, sober de todo, que nas súas follas, se sentira o bruar do mar alporecido e o son das credas petando contra a Pena da Rapadoira. Sinto non poder vivir en Foz longas tempadas pra intentar escribir ese libro que Foz merece. Gustaríame que algún amigo, focense de nación,puxera maus á obra.
Unha vella identificación persoal coa terra e o mar de Foz e a amistade con moitos dos seus veciños, obríganme a interesarme por todo o focego; incruso, como home de terra adentro, foi en Foz onde descubrín que o mar é moi grande e o home moi pequeno e que hai moita desproporción entre ambos.Esta é a razón pola que servidor cando se achega ó mar toma as súas precaucións. Por si acaso.
(Artigo do poeta para o libro de festas do verán de 1982. Arquivo de Suso Fernández).




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



