Non quero volver falar de política ata que consiga esquecer estes últimos días. Canso, exhausto e preocupado, angustiado polo si e polo non; perdido.
Xa está, xa está feito. Isto é o que temos. Mañá buscarei unha gran novela de amor ou de policias e ladrons á que dedicar os meus días. Que me faga chorar, con motivos. Que me ilusione, tamén con motivos. E que me faga imaxinar un lugar afastado dun país tamén afastado onde eu sexa máis afastado aínda.
Unha das cuestións máis íntimas, menos pública das persoas, é a dos seus hábitos diarios. Que comemos, si usamos reloxo ou como de puntuales somos transfórmanse en pequenos detalles que non explicamos aos demais, hábitos que levamos tan a rastro como para pensar que son comúns. Isto non é así, e a maioría das veces medimos a intimidade polo coñecemento de cantas cucharadas de azucre ponllemos ao café ou que gel de baño prefire. Entre estas rutinas, e para os que levamos o pelo longo, o seu arranxo é fundamental.
Cando es mozo procuras que nunca transcorra máis dunha hora entre o secado completo e a saída a rua. Aínda que sexas de ducha matutina, iso non importa; un lávase o pelo as veces que faga falta para cumprir o requisito. Despois, cos anos, vas distanciando accións: peiteaste de mala maneira o pouco pelo que che queda por a maña e listo. A ducha pódese repetir, o secador non. E en todo caso, mellor lavalo despois.
Na escola deberían ensinar isto. Antes de saber as vocales debemos coñecer as distancias. Non sexa que logo veña un acelerador normal e zas, colápsenos máis neutrinos. Xa vedes vou cumplindo, case non fakei de politica hoxe…




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



