Burela, 14 de maio de 2016. A recollida do vidro incrementouse nun 25,91% en Burela durante o 2015, segundo os datos que hoxe deu a coñecer a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben. Durante o pasado ano foron 209.928 quilos de vidro os depositados nos colectores habilitados para este fin, 43.198 quilos máis que en 2014. A edil socialista fai unha valoración positiva destas cifras “xa que vemos que a xente está cada vez máis concienciada coa reciclaxe e coa conservación do medio ambiente”.
A taxa de reciclaxe situouse en Burela en 21,91 quilos de vidro por habitante (4,65 puntos superior á do ano 2014). Os datos facilitados por Noelia Mª Ben indican que o valor da taxa municipal supera en 6,37 puntos o valor da nacional, en 7,31 á taxa autonómica e en 9,29 o valor da provincial. Con respecto aos principais municipios mariñáns o de Burela é que rexistrou o maior incremento de quilo de vidro recollido con respecto a 2014 (21,49 puntos superior aos quilos recollidos en Viveiro e 13,11 puntos superior aos depositados en Ribadeo).
A concelleira de Medio Ambiente subliñou que “a reciclaxe do vidro recollido en Burela en 2015 supuxo un aforro de 251.914 quilos de materias primas e 28.550 litros de petróleo”. Noelia Mª Ben agradece “a colaboración dos veciños e das veciñas de Burela” e pídelles que “non baixen a garda, porque reciclar é moi importante para nós, pero sobre todo para as xeracións vindeiras e o entorno natural no que vivirán”.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



