Ribadeo, 16 de maio de 2016. O Boletín Oficial da Provincia publica este luns a convocatoria do procedemento aberto para a adxudicación do contrato de concesión de ocupación temporal da vía pública para a explotación de servizos do tren turístico.
O anuncio recolle que o Concello de Ribadeo é a entidade adxudicadora e que se trata dun contrato de servizos, procedemento aberto e varios criterios de adxudicación ao prezo máis baixo. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao negociado de contratación do Concello. O canón que se establece é de 5.670 euros e as garantías esixidas son o 2% para a provisional e o 3% do prezo de adxudicación, sen IVE, para a definitiva. Os requisitos específicos do contratista que se esixen son solvencia económica e financieira e solvencia técnica e profesional.
Para presentar as ofertas os interesados dispoñen de 15 días desde a data de publicación no BOP de Lugo. A apertura de ofertas terá lugar o 3º día hábil do remate do prazo de presentación das proposicións, a partir das 13 horas.