A XVII edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras tivo lugar este venres 13 de maio en Burela nas instalacións de ABSA co obxectivo de tratar os temas que nestes momentos preocupan ao sector relacionados cos tratados nos mesas das XXIII edición das XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR 2016.
En Burela, ao 13 de Maio de 2016, reunidas as asociacións pesqueiras no marco do XVII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras co amparo da FUNDACIÓN EXPOMAR, ante a proximidade dos comicios electorais, e ante o déficit de atención e de interese mostrada por os distintos grupos políticos nas anteriores eleccións para reunirse a nivel nacional co sector pesqueiro, queremos facer chegar a estes o seguinte:
1) É fundamental que se recoñeza por todo o arco político o importante peso económico e social da pesca en España, e en particular en zonas altamente dependentes da pesca.
2) Como consecuencia do anterior, é imprescindible que se dote á Secretaría Xeral de Pesca dos medios económicos e humanos necesarios para realizar unha xestión correcta e adecuada ás necesidades do sector, en colaboración con este, e máis aló da investimento no réxime de control. É máis importante traballar na xestión da pesca e a implicación do sector na mesma, que unicamente no labor de control.
3) Esiximos unha defensa de todas as artes e modalidades pesqueiras, rexeitando cualificar a unhas como destrutivas. Todas as artes debidamente regulados e utilizados caben no mar, sendo todos eles necesarios para unha explotación equilibrada dos recursos e o abastecemento do deficitario mercado pesqueiro español e do resto da UE. Só un uso inadecuado é o que debe condenarse e rexeitarse.
4) Consecuencia do anterior, deben evitarse as prohibicións e limitacións radicais, como foi o caso da prohibición do procesamiento a bordo das quenllas, e os intentos de prohibición do xeito ou do arrastre en augas profundas.
5) Deben incrementarse os TAC e cotas, á vez que se optimizan os existentes, para o que debemos ir da man de nosos científicos que constaten a realidade da boa situación da maioría dos stocks capturados pola frota española.
6) É necesario que a próxima Administración incremente de forma notable o investimento en promoción de consumo de peixe, recuperando figuras como o desparecido FROM.
7) É imprescindible a aplicación do IVE reducido do 4% aos produtos pesqueiros, na mesma liña que outros produtos considerados de primeira necesidade, tendo en conta a necesidade da presenza de peixe nunha dieta equilibrada e saudable.
8) Debe potenciarse a investigación pesqueira, fundamental para un sector que quere realizar unha pesca responsable e sustentable.
9) A Administración debe poñer en valor os esforzos que a frota española vén facendo en aras dunha pesca responsable e sustentable, xunto coa importante redución de frota que España ha experimentado en comparación con outros Estados Membros, investindo en comunicación.
10) É imprescindible, dentro da actual Política Marítima Integrada, e do enfoque ecosistémico, que se analice o impacto que sobre os stocks pesqueiros e o ecosistema teñen as actividades realizadas no medio mariño diferentes da pesca (prospeccións sísmicas, actividade petroleira e gasística, parques eólicos, mala xestión das zonas costeiras…), así como os efectos do cambio climático.
Tendo en conta o ocorrido nas últimas eleccións e conscientes do momento no que nos atopamos, “queremos e esiximos poder explicar as nosas necesidades ás distintas forzas políticas, á vez que pedimos a asunción da defensa por todos deste decálogo”.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



