Lugo, 4 de maio do 2016.- Os obradoiros do proxecto “Lingua Viva” organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo deron comezo esta semana. A Área de Cultura da institución provincial celebra así a terceira edición deste programa orientado a poñer en valor a lingua e a cultura galega.
O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, destacou “o impulso co que conta este proxecto desde a base social e cultural de Lugo” e expresou que “Lingua Viva supón unha diferente e particular homenaxe a Manuel María no día das Letras Galegas”, dixo.
Cunha participación de máis de 80 persoas, estes obradoiros de teatro e danza tradicional e contemporánea comezaron o pasado sábado 23 de abril, dirixidos por Paloma Lugilde e contando con todo o equipo actoral, pedagóxico e musical do grupo lucense Palimoco Teatro. Lingua Viva concluirá o 17 de maio coa posta en escea polas rúas de Lugo coa posta en escena do resultado deste proceso de aprendizaxe nos obradoiros: unha adaptación darmatúrxica baseada na obra “Unha vez foi o trebón” de Manuel María.