A comisión das Festas do Carme de San Cibrao daba a coñecer este luns o programa completo dos festexos patronais, que inclúe actos dende o día 7 ao 17 de xullo e pensados para todos os públicos. Deste xeito, hai actividades para público infantil, para a mocidade e para os adultos. O día 7 comeza coa actuación do Grupo de Teatro “O BORDELO” de Cervo e o día seguinte segue coa actuación do Grupo de Teatro “ARDORA” de San Ciprián, as dúas actuacións terán lugar no auditorio da casa da cultura ás 21:00 horas. O sábado 9 de xullo a Asociación de animais Coletiñas organiza unha carreira solidaria que comezará ás 11:30 da mañá na Praza dos Campos. O programa segue o día 9 coa actuación de corais na Igrexa Parroquial de Lieiro ás 19:30 horas, serán as corais polifónicas de Chantada e o CIT de San Ciprián, e a Coral da encina de Mata de Santander. Tamén haberá o día da bicicleta o xoves 14, organizada polo Club Medela MTB ás 22:00 horas na praza dos Campos. Os días principais das festas 15 e 16 contan cunha novidade, ademáis das orquestas os dous días contarán cun concerto de música. O día 15 compartirán cartel a orquesta Breixa Band e Ses e o día 16 serán a orquesta Montreal e Mercedes Peón as quen amenicen a noite. As festas rematarán o día 17 de xullo cunha festa infantil con kayaks e inchables na praia do torno, na zona do porto, todo o día.
Da mesma maneira a comisión quere agradecer de antemán “a todos os veciños a súa implicación coas festas, xa que todos os anos colaboran activamente e aportan o seu gran de area para facelas posibles”, asegura Soto, que tamén dá as grazas en nome da comisión a todos os comercios, empresas e hostaleiros que fixeron as súas contribucións, así como ao Concello de Cervo, que tamén colabora.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



