CADERNOS DA VIAXE. Josep Tarradellas dicía que na política podía facerse de todo, menos o ridículo. No actual contexto catalán, pódese ser prounionista, proindependentista ou mediopensionista. O que non se pode é confundir a política co exercicio maximalista do programa último. Co exercicio do “lo quiero todo y lo quiero ya”.
A CUP obtivo un bó resultado (8,21% e 10/135 deputados) nas eleccións catalás de setembro do 2015, rendibilizando deste xeito a súa honestidade e as dúbidas ambivalentes de Catalunya si que es Pot. Rexeitou investir a Màs (logo dunha votación asemblearia que rematou en empate) e, en troques, acordou con Junts per el Si un pacto de estabilidade para a lexislatura, que permitiu a investidura do president Puigdemont.
No debate orzamentario deste día, a CUP uniu os seus votos aos de C´s, PP e outros para vetar o Orzamento do 2016. Un Orzamento debullado dende os alicerces pactados en xaneiro polas dúas coalicións e que implementaría un cobizoso programa social de 870M€ contra da pobreza. Cál foi a reacción dos dirixentes da CUP? Varios confesaban que se lles fora a mán e que nunca pensarían que fose tan grave vetar o Orzamento, mentres o deputado Antonio Baños, cabezaleiro pola circunscrición barcelonesa, avergoñábase de coincidir votando co dereitista radical Xavier García Albiol.
O que subxace a este episodio desgrazado é a confusión entre ideoloxía, estratexia e tácticas que abrangue agora unha curta maioría das CUP, mais que trunfou en determinados intres históricos en formacións variadas da esquerda europea, mesmo na Galicia. Transformar un País, construir alternativas de goberno á dereita conservadora, require de amplas converxencias, mais tamén de diagnoses realistas e programas realizábeis. O outro só xera frustración, retracción abstencionista e oportunidades para que nada mude e manden os de sempre.
A arrincadeira: O galego na xustiza é útil e práctico.
Xuntouse en Monforte a asemblea anual da Irmandade Xurídica Galega, que integra centos de fiscais, xuices, avogados e funcionarios que adoitamos usar o galego na vida xudicial cotián. O proceso de normalización da lingua na Xustiza non avanza de modo polo centralismo na organización do Poder Xudicial. Usar o galego na Administración de Xustiza é útil, práctico e normal.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



